Otto Wagner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Otto Koloman Wagner
Otto Koloman Wagner
Nacemento: 13 de xullo de 1841
Viena, Imperio Austrohúngaro
Falecemento: 11 de abril de 1918
Viena, Imperio Austro-Húngaro

Otto Koloman Wagner (Penzing, 13 de xullo de 1841 - ? Viena, 11 de abril de 1918) foi un arquitecto austríaco.

Biografía[editar | editar a fonte]

Wagner naceu en Penzing, un suburbio de Viena. Estudou en Berlín e Viena. En 1864, comezou a deseñar os seus primeiros edificios en estilo historicista. A mediados e finais da década dos anos 1880, como moitos dos seus contemporáneos en Alemaña (talles como Constantin Lipsius, Richard Streiter e Georg Heuser), Suíza (Hans Auer e Alfred Friedrich Bluntschli) e Francia (Paul Sédille), Wagner converteuse nun defensor do «Realismo arquitectónico». Era unha posición teórica que lle permitía mitigar a dependencia das formas históricas. En 1894, cando se converteu en profesor de Arquitectura na Academia de Belas Artes de Viena, avanzara moito neste sentido cara a unha oposición máis radical ás correntes entón predominantes de arquitectura historicista.

Na súa primeira época o seu estilo caracterizouse pola robustez e a sobriedade clásica. Máis tarde recibiu o encargo da ampliación de Viena, do cal só realizou unha parte. A mediados da década dos noventa, xa deseñara varios edificios en Jugendstil. Wagner estaba moi interesado na achaiadura urbanística - en 1890 deseñou un novo plano para a cidade de Viena, pero só se construíu a rede de ferrocarril urbano, o Wiener Stadtbahn. En 1896 publicou un libro de texto titulado Arquitectura Moderna na que expresaba as súas ideas sobre o papel do arquitecto; baseábase no texto do seu discurso inaugural de ingreso na Academia do ano 1894. O seu estilo incorporou o uso de novos materiais e novas formas para reflectir o feito de que a propia sociedade estaba cambiando. No seu libro de texto, afirmaba que as "novas tarefas e perspectivas humanas esixían un cambio ou reconstitución de formas preexistentes". Na procura deste ideal, el deseñou e construíu estruturas que reflectían a función pretendida, como o austero bloque de apartamentos Neustiftgasse en Viena.

Foi mestre e amigo de Adolf Loos, Josef Hoffmann e de J. Olbrich. Defendeu aos novos artistas da Sezession, e achegouse aos seus postulados en obras como as estacións de metro de Viena.

Na construción da Caixa Postal de Aforros de Viena (1904-1906) móstrase como un auténtico precursor do racionalismo arquitectónico.

En 1897, Otto Wagner, Gustav Klimt, Joseph Maria Olbrich, Josef Hoffmann e Koloman Moser fundaron o grupo artístico chamado a "Secesión de Viena". Das ideas deste grupo desenvolveu un estilo que incluía referencias case-simbólicas ás novas formas de modernidade.

Wagner morreu en Viena en 1918.

Obras[editar | editar a fonte]

Detalle da Majolikahaus
  • Comportas, Nußdorf, Viena, construídas en 1894
  • Estacións de metro en Viena (1894-1899).
  • Majolikahaus (Casa de Mayólica), Viena (1898-1900).
  • Caixa Postal de Viena (1904-1906).
  • Igrexa Steinhof, Viena (1903-1907).
  • Sinagoga de Rumbach, Budapest

Galería[editar | editar a fonte]

Imaxe:MetrokarlplatzWK.jpg|Estación de Metro en Karlplatz. Viena Ficheiro:WienOttoWagnerWohnhaus.jpg|Wohnhaus no Neustiftgasse, Viena Ficheiro:Wien_PSK.jpg|Postsparkasse Ficheiro:Wien_Steinhof5.jpg|Igrexa am Steinhof

Ponte do Metro

Notas[editar | editar a fonte]

  • Mallgrave (ed.), Harry (1993). Otto Wagner: Reflections on the Raiment of Modernity. Santa Monica: Getty Center for the History of Art and the Humanities. ISBN 089236257X. 
  • Wagner, Otto (1988). Modern Architecture: A Guidebook for His Students to This Field of Art. Trans. Harry F. Mallgrave. Santa Monica: Getty Center for the History of Art and the Humanities. ISBN 0226869385. 
  • Duncan Berry, J. (1993). "From Historicism to Architectural Realism: On Some of Wagner?s Sources". Otto Wagner: Reflections on the Raiment of Modernity. Santa Monica: Harry Mallgrave. pp. 242-278. ISBN 089236257X. 
  • Graf, Otto Antonia (1994) (en alemán). Otto Wagner: Dás Werk deas Architekten 1860-1918. Viena: Bölhau. ISBN 320598224X. 
  • Kolb, Günter (1989) (en alemán). Otto Wagner Und Die Wiener Stadtbahn. Múnic: Scaneg. ISBN 3892350299. 
  • Schorske, Carl (1981). "The Ringstrasse and the Birth of Urban Modernism". Fin-De-Siècle Vienna: Politics and Culture. Nova York: Vintage Books. ISBN 0394744780. 

Links[editar | editar a fonte]