Osvaldo Dorticós
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de abril de 1919 Cienfuegos, Cuba |
| Morte | 23 de xuño de 1983 A Habana, Cuba |
| Causa da morte | suicidio, ferida por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | Cienfuegos |
| 18 de xullo de 1959 – 2 de decembro de 1976 ← Manuel Urrutia Lleó (pt) | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade da Habana |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Cienfuegos A Habana |
| Ocupación | político, avogado |
| Partido político | Partido Comunista de Cuba Partido Socialista Popular |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дортикос Торрадо Освальдо) Obálky knih, |
Osvaldo Dorticós Torrado, nado en Cienfuegos o 17 de abril de 1919 e finado na Habana o 23 de xuño de 1983, foi un político cubano que foi presidente de Cuba entre o 17 de xullo de 1959 e o 2 de decembro de 1976. Foi o segundo presidente despois do triunfo da Revolución Cubana e foi substituído por Fidel Castro no cargo cando se ditou a nova Constitución de 1976.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un próspero avogado que participou no movemento revolucionario cubano, razón pola cal foi encarcerado en 1958. Escapou e refuxiouse en México, onde viviu para volver do exilio despois do triunfo de Fidel Castro. Desempeñou o cargo de Ministro de Xustiza, cargo desde o cal axudou a formular as políticas cubanas. Foi escollido presidente nese mesmo ano, esperando que fose máis leal a Castro que o seu antecesor Manuel Urrutia Lleó. Intelixente e competente, tivo considerable influencia no goberno. En 1976, cando o goberno cubano foi reorganizado, e Castro asumiu todos os poderes, Dorticós foi nomeado como membro do Consello de Estado de Cuba.
Suicidouse en 1983, aparentemente aflixido pola morte da súa esposa e polas doenzas crónicas que sufría. Nos seus últimos anos, estivo practicamente apartado da vida política.
| Predecesor: Manuel Urrutia Lleó |
1959 - 1976 |
Sucesor: Fidel Castro |

