Presidente de Cuba
| Presidente de Cuba | |
|---|---|
Bandeira Escudo | |
|
Instancia de
| |
|
Parte de
| |
|
Organización dirixida
| |
|
Pertencente á xurisdición
| |
|
Titular
Miguel Díaz-Canel 19 de abril de 2018 -
Fidel Castro 1976 - 2008 Osvaldo Dorticós 1959 - 1976 Manuel Urrutia Lleó (pt) Carlos Manuel de Céspedes del Castillo 1869 - 1873 Raúl Castro 24 de febreiro de 2008 - 19 de abril de 2018 Mario García Menocal 20 de maio de 1913 - 20 de maio de 1921 Anselmo Alliegro (pt) | |
|
Nomeado por
| |
|
Duración do mandato
| |
|
Data de creación
| |
|
Residencia oficial
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
O Presidente da República de Cuba, é dende a proclamación da Constitución de 2019, o xefe de Estado de Cuba e o xefe das Forzas Armadas Revolucionarias. É electo, xunto co Vicepresidente e o Consello de Estado, pola Asemblea Nacional do Poder Popular por un período de cinco anos re-elixibles para un segundo mandato.
Historia do cargo
[editar | editar a fonte]Dende 1869 até 1878 e desde 1895 até 1899, nos últimos anos do dominio colonial español o presidente da República de Cuba en armas era a máxima autoridade executiva en tempos de guerra, no conxunto dos territorios liberados polos independentistas, sen que existise o Estado independente.
De 1902 a 1906 e de 1909 a 1976 o presidente da República de Cuba era o xefe de Estado na república presidencial, primeiro, e do goberno revolucionario, a partir de 1959 .
Desde 1976 até 2019, e segundo a Constitución de 1976, a Presidencia foi o órgano colexiado chamado Consello de Estado (cuxo presidente era o presidente do país) auxiliado polo Consello de Ministros. A partir da proclamación e entrada en vigor da Constitución cubana de 2019, retómase a fórmula usada antes de 1976, onde o Xefe de Estado é chamado Presidente da República de Cuba.
Presidentes
[editar | editar a fonte]Presidente da República de Cuba (1902 - 1976)
[editar | editar a fonte]| Orde | Imaxe | Nome | Inicio | Fin | Partido | Notas | |
| 1.º | Tomás Estrada Palma | 20 de maio de 1902 | 28 de setembro de 1906 | Partido Moderado | Primeiro Presidente constitucional de Cuba, despois de que Estados Unidos recoñecese a independencia plena. Renunciou en 1906 pola presión popular. | ||
| 2.º | José Miguel Gómez | 28 de xaneiro de 1909 | 20 de maio de 1913 | Partido Liberal | Presidente constitucional, tras os Estados Unidos ter concluída a súa terceira intervención na illa. | ||
| 3.º | Mario García Menocal | 20 de maio de 1913 | 20 de maio de 1921 | Partido Conservador | Presidente constitucional. Dous mandatos consecutivos (1913-1917 e 1917-1921), o segundo gañado por fraude. | ||
| 4.º | Alfredo Zayas y Alfonso | 20 de maio de 1921 | 20 de maio de 1925 | Partido Popular Cubano - Liga Nacional | Presidente constitucional. | ||
| 5.º | Gerardo Machado | 20 de maio de 1925 | 12 de agosto de 1933 | Partido Liberal | Presidente constitucional. Dous mandatos consecutivos, no segundo implantou unha ditadura criminal. Renunciou ante o pulo revolucionario do pobo. | ||
| 6.º | Alberto Herrera y Franchi | 12 de agosto de 1933 | 13 de agosto de 1933 | Independente | Provisional. | ||
| 7.º | Carlos Manuel de Céspedes y Quesada | 13 de agosto de 1933 | 5 de setembro de 1933 | Provisional, derrocado pola Sublevación dos Sarxentos, dirixida por Fulgencio Batista. | |||
| 8.º | Ramón Grau San Martín | 10 de setembro de 1933 | 15 de xaneiro de 1934 | Provisional. Primeiro mandato. Goberno non recoñecido polos Estados Unidos. Derrocado por Batista. | |||
| 9.º | Carlos Hevia | 15 de xaneiro de 1934 | 18 de xaneiro de 1934 | Interino. Renunciou. | |||
| 10.º | Manuel Márquez Sterling | 18 de xaneiro de 1934 | 18 de xaneiro de 1934 | Interino. Só exerceu durante seis horas. Renunciou. | |||
| 11.º | Carlos Mendieta | 18 de xaneiro de 1934 | 11 de decembro de 1935 | Unión Nacional | Provisional. Renunciou. | ||
| 12.º | José Agripino Barnet y Vinageras | 11 de decembro de 1935 | 20 de maio de 1936 | Provisional. | |||
| 13.º | Miguel Mariano Gómez | 20 de maio de 1936 | 24 de decembro de 1936 | Presidente constitucional. Destituído polo Senado da República de Cuba, ante as presións de Batista. | |||
| 14.º | Federico Laredo Bru | 24 de decembro de 1936 | 10 de outubro de 1940 | Presidente constitucional. | |||
| 15.º | Fulgencio Batista | 10 de outubro de 1940 | 10 de outubro de 1944 | Coalición Socialista Democrática | Presidente constitucional. Primeiro mandato. | ||
| 16.º | Ramón Grau San Martín | 10 de outubro de 1944 | 10 de outubro de 1948 | Partido Revolucionario Cubano (Auténtico) | Presidente constitucional. Segundo mandato. | ||
| 17.º | Carlos Prío Socarrás | 10 de outubro de 1948 | 10 de marzo de 1952 | Presidente constitucional. Derrocado por un golpe militar dirixido por Batista. | |||
| 18.º | Fulgencio Batista | 10 de marzo de 1952 | 1 de xaneiro de 1959 | Partido Acción Unitaria | Presidente de facto desde o 10 de marzo de 1952. Presidente constitucional desde o 24 de febreiro de 1955. Segunda presidencia, que foi unha sanguenta ditadura. O estalido da Revolución Cubana fixo que renuncise o 1 de xaneiro de 1959 | ||
| 19.º | Anselmo Alliegro | 1 de xaneiro de 1959 | 2 de xaneiro de 1959 | Independente | Interino. Vicepresidente do presidente Batista. Rexeitou formar goberno e sucedeulle Carlos Pedra e Pedra, ministro da Corte Suprema. | ||
| 20.º | Manuel Urrutia Lleó | 2 de xaneiro de 1959 | 17 de xullo de 1959 | Presidente provisional. Primeiro presidente desde o triunfo da Revolución Cubana. Renunciou. A Lei Fundamental de 1959 confería máis poder ao Primeiro Ministro, nese entón Fidel Castro. | |||
| 21.º | ![]() |
Osvaldo Dorticós Torrado | 17 de xullo de 1959 | 2 de decembro de 1976 | Organizacións Revolucionarias Integradas, Partido Unido da Revolución Socialista de Cuba, Partido Comunista de Cuba | Presidente da República. A Lei Fundamental de 1959 confería máis poder ao Primeiro Ministro, nese entón Fidel Castro. | |
Presidente do Consello de Estado da República de Cuba (1976-2019)
[editar | editar a fonte]| Orde | Imaxe | Nome | Inicio | Fin | Partido | Notas | |
| 22.º | Fidel Alejandro Castro Ruz | 3 de decembro de 1976 | 24 de febreiro de 2008 | Partido Comunista de Cuba | Primeiro ministro, desde 1959 a 1976. Presidente do Consello de Estado, desde 1976 a 2008. | ||
| 23.º | Raúl Modesto Castro Ruz | 24 de febreiro de 2008 | 19 de abril de 2018 | Presidente do Consello de Estado. | |||
| 24.º | Miguel Mario Díaz-Canel | 19 de abril de 2018 | 10 de outubro de 2019 | Presidente do Consello de Estado. | |||
Presidente da República de Cuba (2019-presente)
[editar | editar a fonte]| 24.º | Miguel Mario Díaz-Canel | 10 de outubro de 2019 | actualidade | Partido Comunista de Cuba | Presidente da República de Cuba. Coa entrada en vigor da nova Constitución de 2019, recupérase a antiga denominación de Presidente da República.[1] |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- Lista de gobernantes cubanos (en inglés)
- ↑ "Os dous últimos históricos da Revolución saen do Consello de Estado de Cuba". Sermos Galiza. 11 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019.
