Oscillatoria
Oscillatoria | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Oscillatoria princeps | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
'Oscillatoria princeps' Vaucher ex Gomont |
Oscillatoria é un xénero de cianobacterias filamentosas que foi nomeado polo seu movemento oscilatorio. Os filamentos das súas colonias poden escorregar adiante e atrás un contra outro ata que toda a masa queda reorientada cara á súa fonte de luz. Atópanse comunmente en augas de depósitos de rego, e é principalmente de cor verde azulado ou verde acastañado. Oscillatoria é un organismo que se reproduce por fragmentación. Oscillatoria forma longos filamentos de células que poden romper en fragmentos chamados hormogonios. Os hormogonios poden crecer formando novos filamentos máis longos. A rotura nos filamentos xeralmente ocorre onde hai células mortas (necridios). Oscillatoria usa a fotosíntese para sobrevivir e reproducirse. Cada filamento de oscilatoria consta dun tricoma que está feito de ringleiras de células. O extremo do tricoma oscila como un péndulo.
Investígase en Oscillatoria sp. a produción natural de hidroxitolueno butilado (BHT),[1] que é un antioxidante, aditivo alimentario e composto químico industrial.
Oscillatoria contén as seguintes especies:[2]
- Oscillatoria amoena (Kützing) Gomont
- Oscillatoria anguiformis (P. González Guerrero) Anagnostidis
- Oscillatoria anguina Bory ex Gomont
- Oscillatoria annae van Goor
- Oscillatoria bonnemaisonii (P. L. Crouan & H. M. Crouan) P. L. Crouan & H. M. Crouan ex Gomont
- Ocillatoria chalybea
- Oscillatoria chilkensis Biswas
- Oscillatoria crassa (Rao) Anagnostidis
- Oscillatoria croasdaleae Kamat
- Oscillatoria curviceps C. Agardh ex Gomont
- Oscillatoria depauperata (Copeland) Anagnostidis
- Oscillatoria engelmanniana Gaidukov
- Oscillatoria euboeica Anagnostidis
- Oscillatoria fischeri Corda ex Forti
- Oscillatoria fracta Carlson
- Oscillatoria froelichii Kützing ex Gomont
- Oscillatoria funiformis (Vouk) Komárek
- Oscillatoria indica P. C. Silva
- Oscillatoria jenensis G. Schmid
- Oscillatoria levis (Gardner) Anagnostidis
- Oscillatoria limosa C. Agardh ex Gomont
- Oscillatoria mahabaleshwarensis Kamat
- Oscillatoria major Vaucher ex Hansgirg
- Oscillatoria margaritifera Kützing ex Gomont
- Oscillatoria miniata (Zanardini) Hauck ex Gomont
- Oscillatoria minutissima P. González
- Oscillatoria muralis (Dillwyn) C. Agardh
- Oscillatoria nitida Schkorbatov
- Oscillatoria nylstromica Claassen
- Oscillatoria obscura Brühl & Biswas
- Oscillatoria olivaceobrunnea L. Hoffmann & V. Demoulin
- Oscillatoria princeps Vaucher ex Gomont
- Oscillatoria proboscidea Gomont
- Oscillatoria pulchra Lindstedt
- Oscillatoria rhamphoidea Anagnostidis
- Oscillatoria ribeyi F. E. Drouet
- Oscillatoria sancta Kützing ex Gomont
- Oscillatoria subbrevis Schmidle
- Oscillatoria subcapitata Ponomarev
- Oscillatoria tapetiformis Zenker ex Gomont
- Oscillatoria tenioides (Bory de Saint-Vincent) Bory de Saint-Vincent ex Gomont
- Oscillatoria trichoides Szafer
- Oscillatoria versicolor G. Martens ex Prain
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Babu B, Wu JT (decembro de 2008). "Production of Natural Butylated Hydroxytoluene as an Antioxidant by Freshwater Phytoplankton" (PDF). Journal of Phycology 44 (6): 1447–1454. doi:10.1111/j.1529-8817.2008.00596.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de abril de 2014. Consultado o 02 de agosto de 2015.
- ↑ M. D. Guiry. "Oscillatoria Vaucher ex Gomont, 1892: 198". AlgaeBase. Consultado o 8 de marzo de 2011.