Orquestra do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cine Teatro de Amarante, sede da Orquestra do Norte.

A Orquestra do Norte ou abreviado ON é unha orquestra sinfónica da cidade de Amarante (Portugal), que concretiza dende 1992 o proxecto de descentralización da cultura musical e presentado pola Associação Norte Cultural (asociación que actualmente a xestiona). Foi a gañadora do primeiro concurso nacional para a creación de orquestras rexionais instituído polo Estado Portugués ese mesmo ano. A Orquestra do Norte conta co apoio do Ministerio de Cultura portugués e ten colaborado con 71 autarquías, fundacións, empresas patrocinadoras e institucións culturais.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

Baixo a titularidade de José Ferreira Lobo, a ON foi iniciadora dun traballo pioneiro e inédito, téndose afirmado no panorama da música académica, e sendo na actualidade unha institución recoñecida nacional e internacionalmente.

Os obxectivos básicos polos cales sempre se pautou a actividade da Orquestra do Norte pasan pola creación de novos públicos, o apoio á música e aos músicos portugueses, e pola constante renovación do repertorio. Dezaoito anos despois, estes criterios continúan a ser fundamentais para a institución.

A Orquestra do Norte é un axente de transformacións na xestión cultural de Portugal e creadora dun novo paradigma musical, desenvolve unha intensa actividade con tempadas regulares de norte a sur do país luso. Realizou máis de 3.000 concertos en máis dun centenar de lugares. A ON ten actuado en España, Francia e Alemaña.

Consciente da importancia que representa o aumento e a diversifición da oferta artística cualificada no desenvolvemento cultural da poboación, no aumento de públicos e na formación do gusto, a Orquestra do Norte presentou as obras máis representativas dos grandes compositores da historia da música, dende o barroco ata a música contemporánea, e dá especial importancia á difusión da música portuguesa, tocando obras de João de Sousa-Carvalho, Luís de Freitas Branco, Francisco Lacerda, Corrêa de Oliveira, Joly Braga Santos, entre outros.

A asistencia da ON rolda os 50.000 espectadores ao ano, o que revela a súa capacidade de resposta aos diferentes tipos de público e o especial coidado coa formación dos xoves, a través dos concertos pedagóxicos que son orientados e executados nunha perspectiva didáctica.

Repertorio[editar | editar a fonte]

Os espectáculos da ON inclúen concertos sinfónicos, didáctico-pedagóxicos, ópera, ballet e de música de cámara. Ademais da música académica, a ON ten interpretado outros xéneros musicais como o jazz ou a música lixeira.

A programación da Orquestra do Norte abriuse a un repertorio máis amplo e variado no cal, xunto coas principais obras do repertorio sinfónico occidental, atópanse estreas (tanto de música de recente creación, como partituras recuperadas do pasado). Con isto, a ON prosegue e intensifica a súa vontade de atender á música contemporánea, presentando obras de compositores como Krzysztof Penderecki, Kristoff Maratka, Karl Fiorini, Alexandre Delgado, Filipe Pires, Nuno Côrte-real, Miguel Faria, José Firmino de Morais Soares, Joaquim dos Santos, Marc-André Rappaz, Emile Ceunink e François-Xavier Delacoste.

Directores e solistas convidados[editar | editar a fonte]

A ON ten actuado baixo a batuta de numerosos directores de prestixio como Juozas Domarkas, Krzysztof Penderecki, Federico García Vigil, Álvaro Cassuto e Rengim Gokmen.

Algúns dos máis destacados solistas vocais e instrumentais que actuaron coa ON son entre outros: António Rosado, Eva Maria Zuk, Avri Levitan, Patricia Kopatchinskaja, Kirill Troussov, Michel Lethiec, Robert Kabara, Plácido Domingo, José Carreras, Ileana Cotrubas, Julia Hamari, Fiorenza Cossoto e Svetla Vassileva.

Director titular[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

A orquestra dedica parte da súa actividade á produción discográfica, salientando traballos como:

  • Lufthansa in Concert
  • Luftansa in Concert II
  • Lufthansa in Concert III
  • Luftansa in Concert IV
  • Luftansa in Concert V
  • Luftansa in Concert VI
  • Luftansa in Concert VII
  • Luftansa in Concert VIII
  • Luftansa in Concert IX
  • De Mozart a Verdi
  • Lalo e Bizet
  • Colección: Les helvétiques
  • Noites de Ópera - Momentos
  • Noites de Ópera - Momentos II

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]