Orquídea do sabugueiro
Orquídea do sabugueiro | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Orquídea do sabugueiro, Dactylorhiza sambucina | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Dactylorhiza sambucina' (L.) Soó 1962 |
A orquídea do sabugueiro, Dactylorhiza sambucina ,[1] (L.) Soó 1962 é unha especie de orquídea do xénero Dactylorhiza, subfamilia Orchidoideae, familia Orchidaceae estreitamente relacionadas co xénero Orchis. Distribúese pola Europa do centro e sur até os Pireneos. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Estas orquídeas terrestres desenvólvense en chans básicos e prados húmidos, lindeiros de bosques e en áreas onde a arboleda está clareando. Teñen tubérculos xeófitos. Nestes grosos talos subterráneos poden almacenar gran cantidade de auga, que lles permiten sobrevivir en condicións de seca.
Posúen de 7 a 12 grandes follas de oblongo-ovoides a elíptico-lanceoladas, moteadas de cor púrpura. Desenvolven un talo longo que alcanza unha altura de 70-90 cm. As follas da parte superior son máis pequenas que as follas máis baixas do talo.
Florecen na primavera tardía ou a principios de verán. A inflorescencia, cilíndrica, comparada coa lonxitude da planta é máis ben curta. Sendo un acio compacto cunhas 25-50 flores. Estas desenvólvense a partir duns capullos axilares. As cores predominantes son púrpuras fortes, moteados con manchas máis escuras formando o debuxo de ás de bolboreta na parte central superior do labelo, ou amarelos con manchas de púrpura moi pálida case imperceptible.
O seu sistema de polinización é normalmente entomógamo, pero ao estar desprovistas de néctar teñen que recorrer ao mesmo mecanismo de atracción que presentan outras orquídeas, como é o caso do xénero Orchis, que para atraer aos polinizadores as flores teñen que adquirir a aparencia de flores nectaríferas.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]As orquídeas obteñen o seu nome do grego "orchis", que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra 'orchis' usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 A.C.), no seu libro "De historia plantarum" (A historia natural das plantas ). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da botánica e da ecoloxía.
O nome Dactylorhiza procede das palabras gregas "daktylos" (dedo) e "rhiza" (raíz). Isto é pola forma dos 2 tubérculos subterráneos do xénero. Dactylorhiza estivo anteriormente clasificada dentro do xénero Orchis.
"Sambucina" = "de sáuco".
Sinónimos:
Hábitat
[editar | editar a fonte]Estas orquídeas atópanse distribuídas ao longo da Europa do centro e sur até os Pireneos.
Híbridos
[editar | editar a fonte]Nota: nothosubspecies = unha subespecie híbrida; nothovarietas = subvariedade.
- Dactylorhiza × altobracensis (D. maculata × D. sambucina) (Francia, Austria)
- Dactylorhiza × erdingeri (D. sambucina × D. viridis) (W. Europa)
- Dactylorhiza × fourkensis (D. baumanniana × D. sambucina) (Grecia)
- Dactylorhiza × gabretana (D. incarnata × D. maculata × D. sambucina) (Europa)
- Dactylorhiza × guillaumeae (D. incarnata × D. sambucina) (W. Europa)
- Dactylorhiza × metsowonensis (D. kalopissii × D. sambucina) (Grecia)
- Dactylorhiza × rombucina (D. romana × D. sambucina) (C. Europa)
- Dactylorhiza × ruppertii (D. majalis × D. sambucina) (Europa)
- Dactylorhiza × vitosana (D. saccifera × D. sambucina) (SE. Europa)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
- Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
- White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996.
- The Illustrated Encyclopedia of Orchids de Alec Pridgeon. Publicado por Timber Press.
- The Manual Of Cultivated Orchid Species de Bechtel, Cribb e Launert. Publicado por The MIT Press.
- Williams, N. H. 1972. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110.