Ono no Komachi
Ono no Komachi | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 825 |
Lugar de nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | c. 900 |
Lugar de falecemento | valor descoñecido |
Nacionalidade | Xapón |
Ocupación | poeta e escritora |
Pai | Ono no Yoshizane |
Coñecida por | Dreaming e Ever since I saw |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ono no Komachi (小野 小町 825 — 900?) foi unha poetisa xaponesa, que se distinguiu no xénero waka, sendo considerada un dos seis mellores poetas deste xénero: os rokkasen, durante o período Heian. A súa beleza tornouse proverbial e é mesmo un dos símbolos da beleza feminina no Xapón.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O lugar de nacemento e morte de Komachi é incerto. De acordo con certa tradición, naceu na actual provincia de Akita. Descoñécese, tamén, o seu status social. Se cadra era unha das esposas do emperador de baixo nivel xerárquico, o emperador Nimmyō (c. 833-850).
Como poetisa, especializouse en temas amorosos. A maior parte dos seus waka refírense á ansiedade, a soidade ou amor apaixonado. É a única muller referida no prefacio do Kokinshu, que describe o seu estilo como "contendo a inxenuidade propia do estilo antigo mais, tamén, delicadeza".
Existen varias lendas respecto ás paixóns de Komachi, sendo a máis famosa a que a relaciona con Fukakusa no Shosho, un importante cortesán. Komachi teríalle prometido que se a visitaba cen noites consecutivas, sería a súa amante. Fukakusa no Shosho visitouna todas esas noites mais fallou unha vez. Por mor da desesperanza, o cortesán adoeceu e morreu. Komachi ficaría profundamente trastornada coa súa responsabilidade no caso.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Hirshfield, Jane; Aratani, Mariko (1990). The Ink Dark Moon: Love Poems by Ono no Komachi and Izumi Shikibu, Women of the Ancient Court of Japan. Nova York: Vintage Books. ISBN 0-679-72958-5.