Saltar ao contido

Oniscus asellus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oniscus asellus
porquiño de santo Antón

Porquiño de santo Antón (Oniscus asellus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Isopoda
Familia: Oniscidae
Xénero: 'Oniscus'
Especie: ''O. asellus''
Nome binomial
'Oniscus asellus'
Linnaeus, 1758
Sinonimia [1]
  • Oniscus affinis
  • Oniscus fossor
  • Oniscus lamperti
  • Oniscus languidus
  • Oniscus lineatus
  • Oniscus murarius
  • Oniscus nodulosus
  • Oniscus taeniola
  • Oniscus vicarius
  • Porcellio lineatus
  • Porcellio taeniola

Oniscus asellus, coñecido polo nome de porquiño de santo Antón común, é a especie de isópodo máis común e de maiores dimensións con distribución natural no oeste e centro de Europa. Os espécimes adultos crecen até os 16 mm de longo e os 6 mm de largo.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Oniscus asellus é a especie de porquiño de santo Antón con maior distribución natural no continente europeo, tanto desde o punto de vista xeográfico como ecolóxico.[2] Non se estende pola conca do Mediterráneo, mais é abundante no norte e oeste de Europa, estendéndose até o nordeste até Ucraína. Está presente nos arquipélagos macaronésicos dos Açores e Madeira e foi introducido amplamente na rexión das América do Norte e do Sur.[1]

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

A especie Oniscus asellus dáse nunha vasta gama de hábitats, incluíndo algúns extremamente pobres en calcio. Aparece con maior frecuencia sobre pedras e madeira en descomposición.[2] É o único porquiño de santo Antón que aparece normalmente en turbeiras e uceiras, onde se instala en torno a madeira en descomposición, como postes e valados.[2]

  1. 1,0 1,1 Helmut Schmalfuss (2003). "World catalog of terrestrial isopods (Isopoda: Oniscidea) – revised and updated version" (PDF). Stuttgarter Beiträge zur Naturkunde, Serie A 654. pp. 341 pp. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 18 de xuño de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Paul T. Harding & Stephen L. Sutton (1985). Woodlice in Britain and Ireland: distribution and habitat (PDF). Abbots Ripton, Huntingdon, Institute of Terrestrial Ecology. p. 151. ISBN 0-904282-85-6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]