Onda gravitacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Onda gravitacional é a onda que transmite enerxía por medio de deformacións no espazo-tempo, ou sexa, por medio do campo gravitacional. A teoría xeral da relatividade predí que as masas aceleradas poden causar este fenómeno, que se propaga coa velocidade da luz. En febreiro de 2016 voceiros do experimento LIGO anunciaron a detección de ondas gravitacionais xeradas pola colisión de dous buratos negros.[1][2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 1905 Henri Poincaré publicaba un artigo titulado “Sur la dynamique d’ l’électron" onde resumia a teoria da relatividade (especial) de Einstein e postulaba que a gravidade se trasmitía por unha onda a que chamou "onde gravifique".

No ano 1915 faise pública a Teoria Xeral da Relatividade, onde Einstein incorpora a su concepción da gravidade. Ainda asi nos seria ate 1936 cando Einstein e Rosen publican un artigo na revista Journal of the Franklin Society titulado "“On gravitational waves" onde rematara recoñecendo a posibilidade real de ondas gravitatorias e xerando unha solución matemática no espazo euclidiano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Castelvecchi, Davide; Witze, Witze (February 11, 2016). "Einstein's gravitational waves found at last". Nature News. doi:10.1038/nature.2016.19361. Consultado o 2016-02-11. 
  2. B. P. Abbott et al. (LIGO Scientific Collaboration and Virgo Collaboration) (2016). "Observation of Gravitational Waves from a Binary Black Hole Merger". Physical Review Letters 116 (6). doi:10.1103/PhysRevLett.116.061102. 
  3. "Gravitational waves detected 100 years after Einstein's prediction | NSF - National Science Foundation". www.nsf.gov. Consultado o 2016-02-11. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.