Saltar ao contido

Olmo de montaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ulmus glabra

Follas asimétricas do olmo de montaña cos seus grandes lóbulos
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Urticales
Familia: Ulmaceae
Xénero: Ulmus
Subxénero: Ulmus
Especie: U. glabra
Nome binomial
Ulmus glabra
Huds., Fl. Angl., 95, 1762 non Mill., Gard. Dict., ed. 8, 4, 1768
supespecie

véxase no texto

Flores
Follas asimétricas e sámaras

O olmo de montaña[1][2], tamén coñecido como ulmeiro de montaña[1][2] ou lamigueiro[1][2][3] (Ulmus glabra), é unha das especies do xénero Ulmus da familia das ulmáceas, típico das montañas de toda Europa. En Galiza hoxe é escaso, aparecendo algúns exemplares nas montañas orientais ou nas Fragas do Eume.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha árbore grande co toro recto e que pode acadar os 40 metros de altura; a casca é máis fibrosa ca o do olmo mediterráneo (‘’Ulmus minor’’), tamén presente en Galiza. As follas son estipuladas simples, alternas e caedizas, serradas, moi asimétricas na base e longamente acuminadas que presenta frecuentemente un saínte a cada lado. As flores, inconspicuas, hermafroditas e apétalas, aparecen en grupiños de 10-20 antes que as follas, ou sexa a principios da primavera. Os froitos (sámaras) - que son un elemento importante para a determinación específica - teñen forma suborbicular cun tamaño duns 2,5 por 2 cm, ás de bordos lisos e semente en posición central.

Citoloxía

[editar | editar a fonte]
  • 2n=28

Distribución

[editar | editar a fonte]

Este olmo atópase dende a Península Ibérica até o Cáucaso, os Apeninos, o sur da Bretaña e Noruega. Na Península Ibérica medra entre os 1000 e os 1500 metros de altitude distribuíndose polo norte, especialmente nos Pireneos cataláns. Tamén aparece en Aragón, País Vasco, Cantabria, Asturias e Galiza. En Galiza non é moi común hoxe en día, aínda que se cre que o foi na antigüidade, antes da chegada da grafiose e das tallas indiscriminadas da Coroa Española na Idade Moderna no Reino de Galiza.

Subespecies e variedades

[editar | editar a fonte]

Algúns botánicos, en particular Lindquist[4] [1] (1931) propuxeron dividir a especie en dúas subespecies:

  • Ulmus glabra subsp. glabra. Na parte sur da área de distribución da especie. Follas anchas; árbores a miúdo cun toro curto e bifurcado e unha coroa baixa e ancha.
  • Ulmus glabra subsp. montana (Stokes) Lindqvist. Na parte norte da área de distribución (Gran Bretaña setentrional, Escandinavia). Follas máis estreitas; árbores normalmente cun toro longo único e unha coroa alta e estreita.

Porén, hai moita superposición entre as poboacións nestes trazos e a distinción pode deberse á influencia medioambiental, mais que a unha variación xenética; as subespecies non son aceptadas por, entre outros, Flora Europaea e Flora Ibérica.[5][6] Preto de 40 cultivares téñense logrado aínda que moitas, ao menos 30, probabelmente se teñan perdido para o cultivo como consecuencia da grafiose e outros factores. Entre eles cómpre citar dous con pólas penduradas:[7]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Ulmus campestris L.
  • Ulmus campestris var. latifolia Aiton
  • Ulmus glabra var. horizontalis (G.Kirchn.) Dippel
  • Ulmus horizontalis Loudon nom. inval.
  • Ulmus latifolia Moench
  • Ulmus montana With. nom. illeg.
  • Ulmus montana var. pendula Loudon
  • Ulmus montana var. pendula-variegata Hartwig & Rümpler
  • Ulmus podolica Klokov
  • Ulmus scabra Mill.
  • Ulmus scabra f.horizontalis (G.Kirchn.)
  • Ulmus scabra f. pendula (Loudon) Dippel
  • Ulmus sukaczevii Andrews[8]
«Olmo de Camperdown», coas pólas penduradas.
  1. 1,0 1,1 1,2 Termos esenciais de botánica, páx. 53, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.
  2. 2,0 2,1 2,2 Vocabulario forestal, páx. 126, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
  3. Non confundir coas árbores do xénero Populus, tamén chamadas no Dicionario da RAG lamigueiros ou chopos negros.
  4. Lindquist, B. (1931). Two varieties of North West European Ulmus glabra. Bot. Exch. Club Rep.
  5. Flora Europaea: Ulmus glabra
  6. "Flora Ibérica, RJB-CSIC, Madrid" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de xullo de 2012. Consultado o 04 de abril de 2013. 
  7. "Olmo de montaña" en infojardín
  8. "Sinónimos en The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2012. Consultado o 04 de abril de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Moro, Rafael (1988). Guía de los árboles de España. Madrid:Omega. ISBN 84-282-0835-2. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]