Saltar ao contido

Olleiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olleiras
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá diagnoses. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Olleiras nun home adulto
 Instancia de
 Subclase de
 Especialidade médica
Wikidata C:Commons

As olleiras, coñecidas en terminoloxía médica como "hipercromía idiopática do anel orbitario", refírense a unha alteración da coloración da pel baixo os ollos, causada pola produción excesiva de melanina e a dilatación dos capilares próximos á superficie da pel.[1]

Estas alteracións adoitan seguir a anatomía do músculo orbicular dos ollos que rodea a órbita ocular.[2]

Causas e patoxénese

[editar | editar a fonte]

As causas principais inclúen factores como a herdanza xenética, falta de sono, cansazo, alerxia, e tensión premenstrual.[3]

A patoxénese das olleiras é descoñecida, aínda que algúns estudos suxiren que varios factores, incluíndo a melanocitose dérmica e a hiperpigmentación posinflamatoria, poden xogar un papel. A miúdo, as olleiras tamén están asociadas ao insomnio ou a enfermidades como a sarcopenia que resultan na perda de tecido conectivo periorbitario.[4]

Tratamento

[editar | editar a fonte]
Annie Krauss, con marcadas olleiras.

O tratamento das olleiras pode incluír o uso de cremes con vitamina K, aplicación de compresas frías, tratamento con láser de kriptón ou o uso de cosméticos para maquillalas.[5]

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

No dicionario galego de termos médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, son descritas como unha mancha algo denegrida na pálpebra inferior, e adicionalmente, o termo pode referirse a un vaso pequeno adaptado á forma do ollo, usado para o baño da conxuntiva.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra "olleiras" provén de "ollo" (do latín oculum) máis o sufixo "-eira", usado para formar substantivos relacionados coa función ou condición de algo. En portugués e outras linguas románicas ten a mesma orixe.[6][7][8]

  1. "Olleiras". DRAG. Consultado o 14 de agosto de 2024. 
  2. "Músculo orbicular de los ojos (origen, inserción, inervación)". anatomiatopografica.com (en castelán). 2018-11-15. Consultado o 2024-08-14. 
  3. SofiaSantos (2019-09-18). "Olheiras: o que são, causas e tratamentos". Atlas da Saúde (en portugués). Consultado o 2024-08-14. 
  4. Allevat, Dr. Miguel A. (2007): «Ojeras», artigo publicado na revista Actas Terapéuticas de Dermatología. 30: páxs. 202-209; 2007.
  5. "Adeus olheiras!". entremulheres.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2024. 
  6. S.A, Priberam Informática. "Dicionário Priberam da Língua Portuguesa". Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (en portugués). Consultado o 2024-08-14. 
  7. "OJERA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-08-14. 
  8. En lingua catalá dise "fer ulleres", aínda que é común o termo "anell orbitari" (anel orbitario) e "ulleres" é tamén o nome catalá para os lentes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.