Olinguito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olinguito
Bassaricyon neblina
Olinguito ZooKeys 324, solo.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Procyonidae
Xénero: Bassaricyon
Especie: B. neblina
Nome binomial
Bassaricyon neblina
Helgen, 2013
Distribución do olinguito

Distribución do olinguito

O olinguito,[1] que significa en castelán "pequeno olingo", (Bassaricyon neblina) é un mamífero da orde dos carnívoros e familia dos prociónidos, pertencente ao xénero Bassaricyon. O seu descubrimento foi anunciado o 15 de agosto de 2013.[2][3][4]

É a primeira especie de carnívoro atopada en América en 35 anos.

Descrición[editar | editar a fonte]

O olinguito é distinto do olingo e do kinkajou (kinkajous semellan olingos, pero non teñen relación entre si[5]). O seu peso medio é de 900 gramos, o que supón que é a especie máis pequena de prociónidos.[3][6] O animal é un omnívoro fruxívoro[4] que se alimenta de froitas (como os figos), insectos e néctar, o que fai que as súas feces teñan aspecto de pequenos arandos.[7][6] Pénsase que ten costumes solitarios e nocturnos.[4] Tamén semellan ser estritamente arborícolas.[4] Teñen un só par de mamas, e probablemente ten unha única cría cada vez.[4][6]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Exemplares desta especie foron identificados na selva neboenta dende o centro de Colombia ó oeste de Ecuador,[6] e foron confirmados como especies en liberdade.[3] Esta especie non está considerada polo momento como en risco,[3] pero crese que arredor do 40% do hábitat orixinal deste animal xa foi deforestado.[3][7]

Descubrimento[editar | editar a fonte]

O seu descubrimento foi anunciado o 15 de agosto de 2013 por Kristofer Helgen, un comisario dos mamíferos no National Museum of Natural History, Roland Kays, experto en olingos do Museo de Ciencias Naturais de Carolina do Norte, e os seus colaboradores.[8][9][3][4][10] Helgen descubriu exemplares da especie no almacén do Mueso Field de Chicago e usou test de ADN para confirmar a nova especie.[6]

O descubrimento supón a primeira identificación dunha nova especie mamífera carnívora en América en 35 anos.[3][4] A especie non foi identificada antes, malia ser visto regularmente e mesmo aparecer publicamente, xa que fora confundido cos seus curmáns taxonómicos, os olingos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ara, ed. (15 de agosto de 2013). "Presenten en societat un nou mamífer: l'olinguito". Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  2. Cutest Carnivora Mammal Discovered Called 'Olinguito'
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Stromberg, Joseph (15 August 2013). "For the First Time in 35 Years, A New Carnivorous Mammal Species is Discovered in the American Continents". Smithsonian Magazine. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Roland Kays. Press conference at North Carolina Museum of Natural Sciences. Livestream (video). 15 August 2013 [1]
  5. K.-P. Koepfli, M. E. Gompper, E. Eizirik, C.-C. Ho, L. Linden, J. E. Maldonado, R. K. Wayne (2007-06). "Phylogeny of the Procyonidae (Mammalia: Carvnivora): Molecules, morphology and the Great American Interchange". Molecular Phylogenetics and Evolution 43 (3). pp. 1076–1095. doi:10.1016/j.ympev.2006.10.003. PMID 17174109. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 O'Brien, Jane (15 de agsoto 2013). "Olinguito: 'Overlooked' mammal carnivore is major discovery". BBC News. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Landau, Elizabeth (15 de agosto de 2013). "New cute furry mammal species discovered". CNN. Consultado o 15 de agosto 2013. 
  8. Kim, Meeri (16 de agosto de 2013). "Smithsonian unearths a new species of mammal: The olinguito". The Washington Post. Consultado o 16 August 2013. 
  9. "New animal discovered in Andes". WRAL. Consultado o 16 de agosto de 2013. 
  10. "A new mammal. Peekaboo". The Economist. 17 de agosto de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Olinguito
Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Olinguito

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]