Kripan
Coordenadas: 42°35′30″N 2°30′58″O / 42.59167, -2.51611
Kripan é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa e tiña en 2015 unha poboación de 182 habitantes.
Está formado por un único núcleo de poboación, situado na cara sur da Serra de Cantabria, que separa a Rioxa Arabesa do resto de Áraba. É unha das localidades máis altas da zona, situada a 690 metros de altitude.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kripan |