O municipio está formado por dúas localidades: Atiega e Salinas de Añana (cooficialmente en éuscaro: Gesaltza Añana), que é a súa capital e principal núcleo de poboación. Atiega está rexido por unha xunta administrativa e dotado de certa autonomía interna, mentres que Salinas de Añana é administrado directamente polo concello. Salinas de Añana é famoso pola súa explotación de sal, hoxe abandonada pero en proceso de restauración.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.