Saltar ao contido

Octodad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Octodad
Tipovideoxogo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo de aventura e fumblecore Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo para un xogador Editar o valor en Wikidata
MotorIrrlicht Engine Editar o valor en Wikidata
Autoría
DesenvolvedorUniversidade DePaul Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
PlataformaLinux, Microsoft Windows e macOS Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBoctodadgame.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Octodad é un videoxogo independente desenvolvido por un grupo de estudantes de Universidade DePaul, moitos dos cales pasarían a formar parte de Young Horses, Inc., os desenvolvedores da súa secuela, Octodad: Dadliest Catch. O xogo foi desenvolvido para Festival de Xogos Independentes de 2011, e foi un dos 8 gañadores do Escaparate do Estudante do ano.[1][2] O xogo conta cun argumento humorístico que xira arredor do principal personaxe, un polbo que vive encubertamente como un humano coa súa familia. O obxectivo do xogador é controlar a Octodad nos seus intentos por completar diversas misións mentres intenta manter a súa identidade de polbo en segredo. A súa secuela Dadliest Catch foi estreada o 30 de xaneiro de 2014, e foi un dos primeiros títulos en recibir o Steam Greenlight.[3]

  1. Business Wire (10 de xaneiro de 2011). Business Wire, ed. "DePaul's Octodad Named a Student Showcase Winner at the 2011 IGF Competition". Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  2. Igf.com, ed. (10 de abril de 2012). "The 15th Annual Independent Games Festival – Octodad". Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  3. Steamcommunity.com (ed.). "Steam Greenlight :: Octodad: Dadliest Catch". Consultado o 3 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]