Riolita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mostra de riolita.
Cráter Mono cun domo de riolita

A riolita é unha rocha ígnea extrusiva, volcánica félsica, de cor gris a avermellado cunha textura de grans finos ou ás veces tamén vidro e unha composición química moi parecida á do granito.[1][2] A riolita considérase o equivalente volcánico do granito,[1] que tamén se orixina dun magma similar pero a maior presión. É unha rocha rica en sílice (> 69% de SiO2). O conxunto de minerais que a compón adoita ser cuarzo, sanidina (feldespato K) e plaxioclasio (en proporción > 2:1); a biotita e a horneblenda (anfíbolo) son minerais accesorios comúns.

A súa textura máis típica é a textura afanítica[3] da riolita fai que teña unha aparencia moi diferente do granito.[2] A súa textura débese ao curto período que tivo para a cristalización,[1] o que obstaculiza a formación de grandes fenocristais e favorece a formación de vidro. Os fenocristales que se poden encontrar nunha riolita son de cuarzo, feldespato potásico, oligoclasio (plaxioclasio), biotita, anfíbolo e piroxeno.[1]

A riolita é un tipo de rocha bastante común, aínda que aparece en volumes moito menores que o basalto.[2] As riolitas danse principalmente nos continentes e as súas marxes, pero tamén aparece noutras situacións tectónicas.[1]

A riolita orixínase de magma que sae durante as erupcións volcánicas a temperaturas de 700-850 °C.[4] O seu nome deriva da palabra grega rhyax , que significa ‘corrente’, e lithos, que significa ‘rocha’.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 rhyolite, Encyclopedia Britannica Academic Edition. Revisado o 10 de outubro de 2011.
  2. 2,0 2,1 2,2 Rhyolitt, Store norske leksikon. Revisado o 10 de outubro de 2011.
  3. Tarbuck, E. J. & Lutgens, F. K. 2005. Ciencias de la Tierra, 8ª edición. Pearson Educación S. A., Madrid. ISBN 84-205-4400-0
  4. 4,0 4,1 VHP Photo Glossary: Rhyolite, USGS. Última modificación: martes, 29 de decembro de 2009. Revisado o 10 de xaneiro de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]