O xardín da alegría
O xardín da alegría | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Saving Grace |
Director | Nigel Cole |
Produtor | Mark Crowdy Xavier Marchand Cat Villiers |
Guión | Mark Crowdy Craig Ferguson |
Intérpretes | Brenda Blethyn Craig Ferguson |
Música | Mark Russell |
Fotografía | John de Borman |
Montaxe | Alan Strachan |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 19 de maio de 2000 |
Duración | 93 min. |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Drama, comedia |
Orzamento | $4,000,000 |
Na rede | |
http://www.saving-grace-movie.com/index_flash.html | |
O xardín da alegría (en inglés: Saving Grace) é unha película británica do ano 2000, dirixida por Nigel Cole e baseada nun guión de Mark Crowdy e Craig Ferguson. Foi coproducida por Fine Line Features, Homerun Productions, Portman Entertainment, Sky Pictures, e Wave Pictures; e filmouse entre Londres e as vilas de Boscastle e Port Isaac, en Cornualla. Os seus protagonistas están interpretados pola actriz e actores Brenda Blethyn, Ferguson, e Martin Clunes, entre outros.
As críticas para a película foron en xeral boas e recadou sobre un $24,325,600 polo mundo adiante. Ademais a película recibiu varios premios como tamén numerosos nomeamentos.
Emitiuse na Televisión de Galicia o 2 de outubro de 2005.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Supetamente viúva, Grace Trevethyn atópase nunha situación financeira crítica cando herda numerosas débedas que o seu home foi acumulando durante anos. Están a piques de embargarlle a casa, e entón, empregando o seu coñecemento talentoso da horticultura, decide artellar un plan de cultivar marihuana de gran calidade para logo vendela a bo prezo, e así resolver os seus problemas económicos.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Brenda Blethyn como Grace Trevethyn, unha viúva de mediana idade .
- Craig Ferguson como Matthew Stewart, o xardineiro de Grace.
- Martin Clunes como Dr. Martin Bamford, unha amigo de Matthew.
- Valerie Edmond como Nicky, a moza mariñeira de Matthew.
- Tcheky Karyo como Jacques Chevalier
- Jamie Foreman como China MacFarlane
- Bill Bailey como Vince
- Diana Quick como Honey Chambers
- Tristan Sturrock como Harvey
- Phyllida Law como Margaret Sutton
- Linda Kerr Scott como Diana Skinner
- Leslie Phillips como Reverendo Gerald Percy
- Paul Brooke como Charlie
- Ken Campbell como Sarxento Alfred Mabely
- Clive Merrison como Quentin Rhodes
Banda sonora
[editar | editar a fonte]Saving Grace | |
---|---|
Álbum de Varios artistas | |
Xénero(s) | Pop rock música cinematográfica |
Selo(s) | WEA |
Producido por | Mark Russell |
Pistas
- "Introduction" (Mark Russell) – 1:02
- "Grace's Theme" (Mark Russell) – 2:42
- "Take a Picture" (Filter) – 5:55
- "Make Me Smile (Come Up and See Me)" (Steve Harley & Cockney Rebel) – 4:07
- "Spirit in the Sky" (Norman Greenbaum) – 3:56
- "Will You Give Me One? (diálogo da película) – 1:12
- "Sunshine at Last" (Koot) – 4:31
- "Grace in Notting Hill" (Mark Russell) – 2:57
- "Human (Tin Tin Out Mix)" (The Pretenders) – 3:52
- "Drugden" (Mark Russell) – 2:46
- "Might as Well Go Home" (Plenty) – 3:17
- "Would You Like Some Cornflakes? (diálogo da película) – 0:22
- "Wise Up (Car Port Mix)" (AFT) – 3:12
- "New B323" (diálogo do filme) – 0:41
- "Cornwall Chase" (Mark Russell) – 3:01
- "Accidental Angel" (Sherena Dugani) – 3:57
- "Witchcraft" (Robert Palmer) – 3:17
- "All Things Bright and Beautiful (Mark Russell) – 2:51
Premios
[editar | editar a fonte]Gañados
[editar | editar a fonte]- High Hopes Award (Festival de Cine de Múnic 2000) - Mark Crowdy
- Premio da audiencia (Festival de Cine Internacional Noruegués 2000) - Nigel Cole
- Premio da audiencia (Festival de Cine de Sundance 2000) - Nigel Cole
Nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Premio ALFS: "Actriz británica do ano" - Brenda Blethyn
- Premio BAFTA: Carl Foreman Award for the Most Promising Newcomer - Mark Crowdy
- Premio de Cine Independente Británico
- "Mellor filme independente británico"
- "Mellor director" - Nigel Cole
- "Mellor guión" - Craig Ferguson, Mark Crowdy
- "Mellor actriz" - Brenda Blethyn
- Premio Empire: "Mellor actriz británica" - Brenda Blethyn
- Globo de Ouro: "Mellor actriz de comedía/musical" - Brenda Blethyn
- Golden Satellite Award: "Mellor actriz de comedia ou musical" - Brenda Blethyn
Spin-offs
[editar | editar a fonte]Martin Clunes protagonizou dous filmes para a televisión despois deste filme e baseados no personaxe que interpretou: Doc Martin e Doc Martin and the Legend of the Cloutie.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 2 de outubro de 2005. Páx. 79
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)