O espírito de Broustenac
O espírito de Broustenac | |
---|---|
Título orixinal | O espírito de Broustenac |
Autor/a | Alfonso Álvarez Cáccamo |
Cuberta | Vilar Cardona |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | novela |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1996 |
Formato | edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 162 |
ISBN | ISBN 978-84-8302-055-6 |
Premios |
|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O espírito de Broustenac é un libro escrito por Alfonso Álvarez Cáccamo, publicado por Edicións Xerais en 1996, ano no que gañou o Premio Manuel García Barros de narrativa. Foi traducida ao castelán por Pablo de los Ríos Vázquez, sendo publicada en 1997 por Olalla Ediciones co título de El espíritu de Broustenac.[1]
Trama
[editar | editar a fonte]A acción comeza o serán do 1 de xullo de 1835 nunha praia a carón do mosteiro de Oia. Unha muller pobre dá a luz, coa axuda dun can, a unha criatura dun tamaño descomunal. Abandónao á súa sorte, e a criatura chega ao mosteiro, onde é acollido polos dez frades da orde do Císter. Acólleno e póñenlle o nome de Broustenac, elixindo cada un unha letra, e ordenándoas segundo a idade dos frades.
O trazo físico máis característico do rapaz é que ten unha crista, e outras das súas características son que se alimenta de algas, e non ouriña nin defeca. Malia ter un só día de idade, sabe falar e tocar o órgano. Axiña descobren nel unha intelixencia supina e un membro viril desproporcionado, polo que xorden debates acerca de se é un santo ou se é o demo.
No contexto da desamortización, o prior ten medo polas novas procedentes de Madrid, pero Broustenac axuda aos frades a cumprir as esixencias para manter aberto o mosteiro, e acaba por ser benquerido por toda a comunidade.
Narración
[editar | editar a fonte]A obra está escrita desde a perspectiva do narrador omnisciente, describindo non só a situación, senón tamén os pensamentos e sentimentos dos personaxes. Inclúe diálogos en estilo directo.