O coloso negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O coloso negro
Título orixinalBlack Colossus
Autor/aRobert E. Howard
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
ColecciónConan o bárbaro
Tema(s)Fantasía
Xénero(s)Conto
Editorial Rural Publishing Corporation
Galicia Urco Editora
Data de pub. xullo de 1933
Galicia 2011
FormatoTapas duras e brandas
ISBNISBN 978-84-938558-3-3
TraduciónTomás González Ahola
editar datos en Wikidata ]

O coloso negro (titulado orixinalmente en inglés Black Colossus) é un dos primeiros relatos protagonizados pola personaxe ficticia de espada e bruxaría Conan o bárbaro. Foi escrito por Robert E. Howard e publicado por primeira vez na revista pulp Weird Tales en 1933. O relato está ambientado na mítica Era Hiboria e narra a historia de Conan liderando o exército desmoralizado de Khoraja contra un malvado feiticeiro chamado Natohk.

Foi traducido ó galego por Tomás González Ahola e foi publicado dentro da colección "Conan IV" de Urco Editora no ano 2011.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Un poderoso meigo chamado Thugra Khotan é espertado do seu soño de tres mil anos por un desafortunado ladrón chamado Shevatas (que non sobreviviu á experiencia). Thugra esperta con ansias de dominar o mundo, adopta o nome de Natohk e reúne un exército de tribos do deserto coa intención de conquistar as nacións de Hiboria. Porén, o pequeno reino de Khoraja interponse no seu camiño, un país gobernado nese momento por Yasmela, irmá do rei, que está cativo no reino veciño de Ofir. No temor da invasión de Natohk, Yasmela pídelle consello ó deus dos seus devanceiros, Mitra, e este dille que debe aventurarse nas rúas e entregar a defensa do seu reino ó primeiro home que atope.

O primeiro home que atopa é Conan o bárbaro. Este xa ten un posto no seu exército, pero agora dálle plenos poderes, con gran desgusto dos outros comandantes. Conan demostra habilidade nas tácticas militares, pero os seus esforzos son socavados por nobres arrogantes, quen en realidade son vítimas da maxia de Natohk. Mentres tanto, o feiticeiro xa manifestou que a conquista do mundo non é o único que quere: tamén desexa a Yasmela para el.

A historia culmina cunha gran batalla no paso de Shamla. Conan derrota ó exército e Natohk fai un último intento para estar con Yasmela. Conan perségueo e combaten nas ruínas dun templo estixio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Urco Editora (ed.). "Conan IV en Urco Editora". Consultado o 9 de outubro de 2018.