O acontecemento máis importante desde que o home chegou á lúa
O acontecemento máis importante desde que o home chegou á lúa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | L'événement le plus important depuis que l'homme a marché sur la Lune |
Director | Jacques Demy |
Guión | Jacques Demy |
Intérpretes | Marcello Mastroianni Catherine Deneuve |
Música | Michel Legrand |
Fotografía | Andréas Winding |
Montaxe | Anne-Marie Cotret |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 92 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Comedia |
Recadación | $2 100 000[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O acontecemento máis importante desde que o home chegou á lúa (en francés: L'Événement le plus important depuis que l'homme a marché sur la Lune, en italiano: Niente di grave, suo marito è incinto) é un filme francoitaliano de comedia dirixido por Jacques Demy[2] que foi estreado en 1973.
Estreouse en galego o 9 de xaneiro de 1989 a través da TVG.[3]
Sinopse[editar | editar a fonte]
Marco (Marcello Mastroianni) é un profesor de autoescola prometido a Irène (Catherine Deneuve), unha peiteadora. Tras cear polo, el quéixase á súa patroa de que cociña polo demasiado frecuentemente. Comeza a sentirse inchado e canso e visita un médico, que determina que está embarazado. Un experto conclúe que as hormonas do polo e volveron feminino abondo para ter un fillo. Co seu permiso, os médicos publican o caso e Marco convértese en modelo para unha compañía de roupa para nais que crea unha nova liña dedicada á paternidade. Finalmente, despois de que outros homes tamén queden embarazados, revélase que tiña un embarazo psicolóxico.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Catherine Deneuve como Irène de Fontenoy
- Marcello Mastroianni como Marco Mazetti
- Micheline Presle como Dr. Delavigne
- Marisa Pavan como Maria Mazetti
- Claude Melki como Lucien Soumain
- André Falcon como Scipion Lemeu
- Maurice Biraud como Lamarie
- Alice Sapritch como Ramona Martinez
- Raymond Gérôme como Gérard Chaumont de Latour
- Michèle Moretti como Ginou
- Madeleine Barbulée como Mlle Janvier
- Micheline Dax como Mme Corfa
- Benjamin Legrand como Lucas
- Jacques Legras como Leboeuf
- Myriam Boyer como Ninon Barbeau
- Andrée Tainsy como Clarisse de Saint-Clair
- Mireille Mathieu como Ela mesma
- Tonie Marshall como convidado de The Bobino
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ JPbox (ed.). "A Slightly Pregnant Man". Consultado o 14 de febreiro de 2014.
- ↑ NY Times.com (ed.). "NY Times: A Slightly Pregnant Man". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2008. Consultado o 28 de marzo de 2009.
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 9 de xaneiro de 1989. Consultado o 17 de outubro de 2017.