O Lavatorio (Tintoretto)
O Lavatorio | |
---|---|
Artista | Tintoretto |
Data | 1548-1549 |
Técnica | óleo sobre lenzo |
Dimensións | 210 cm × 533 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
O Lavatorio é un cadro do pintor italiano Tintoretto, considerado unha das súas obras máis importantes. Foi pintado entre 1548-1549, atopándose no presente exposto no Museo do Prado de Madrid, España, como depósito de Patrimonio Nacional.
Represéntase aquí unha escena narrada polo Evanxeo de Xoán, na que se describe como durante a Última Cea, Xesús se levantou da mesa, quitou o manto e atou unha toalla á cintura. Despois de botar auga nun recipiente, púxose a lavar os pés ós seus discípulos. Simón Pedro pretendeu negarse, pero ó insistir Xesús en que doutro xeito non podería ter parte con el, accedeu a que lle lavase os pés, e mesmo as mans e a cabeza.
O artista representa o episodio devandito con Cristo e san Pedro nun extremo da composición. A maior parte do lenzo está ocupado pola estancia onde se desenvolve a Última Cea, coa mesa e os discípulos ó redor dela. No centro destaca un can, e detrás os apóstolos descalzándose ou en diversas posturas e escorzos. Nun segundo plano estase relatando un milagre de San Marcos narrado por Xacobe da Varazze na súa Lenda dourada. O extremo da esquerda está dominado por outro apóstolo que se está desatando o calzado, cuxa esculturalidade aseméllase ás poderosas anatomías de Michelangelo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- L. Cirlot (dir.), Museo del Prado II, Col. «Museos del Mundo», Tomo 7, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3810-9, páxs. 164-167.