Rubén Gotay Montalvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rubén Gotay Montalvo
Nacemento1914
 Santurce
Falecemento2000
NacionalidadePorto Rico
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Rubén Gotay Montalvo, nado en Santurce (San Xoán, Porto Rico) en 1914 e finado en 2000, foi un escritor portorriqueño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Portorriqueño de ascendencia galega. En 1936 era estudante de terceiro ano de Dereito na Universidade Central de Madrid. Identificado coa causa republicana, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na toma do Cuartel da Montaña. Fíxose correspondente de guerra, foi responsable dun programa da radioemisora da Federación Universitaria estudiantil Hispana nos sotos do pazo da ex-duquesa de San Carlos. Fixo crónicas para El Miliciano Gallego. Foi un dos fundadores de Nueva Galicia e redactor xefe de Pasaremos. Nos primeiros meses de 1937 incorporouse como correspondente-combatente ao Estado Maior da 11ª División do Exército do Centro ao mando de Enrique Líster, e estivo nas frontes do Jarama, Brunete, Zaragoza, Teruel e nas retiradas do Exército Popular da República na fronte de Aragón. Escribía co pseudónimo El Jíbaro. En xullo de 1938 abandonou España e escribiu unhas memorias co título Mientras arde la hoguera. Apuntes de un corresponsal combatiente, que se publicou en Porto Rico en 1939. Ingresou o exército dos Estados Unidos de América e participou na Segunda Guerra Mundial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]