Ntare Mwine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Actor Ntare Guma Mbaho Mwine nado en Nova Hampshire en maio de 1967, é un actor, dramaturgo, fotógrafo e documentalista estadounidense-ugandés.

Traxectoria

Mwine naceu nos Estados Unidos de América nunha familia de ascendencia ugandesa. O seu pai era un avogado educado na Universidade de Harvard. Cando tiña sete anos, os seus pais sepáranse pero seguía pasando tempo co seu pai (que entón traballaba nas finanzas nos Estados Unidos, incluído un período no Banco Mundial en Washington DC) e coa súa nai (que regresou a África para ensinar psicoloxía na Universidade de Nairobi).

Mwine obtivo unha Mestría en Belas Artes pola Universidade de Nova York. Tamén estudou na Universidade de Virxinia, no Teatro das Artes de Moscova, e no Royal National Theatre de Londres. Estableceuse nos Ánxeles, e conseguiu o seu primeiro traballo profesional interpretando o papel de "Paul" en Six Degrees of Separation polo que recibiu un nomeamento o NAACP Image Award como Mellor Actor.

Aínda que ó longo da súa carreira como actor predominan os traballos en series de televisión (algunhas de moito éxito), tamén aparece en filmes como Diamante de sangue ou 40.

Filmografía

Ano Título Personaxe Notas
2010-2011 Treme Jacques Jhoni Serie de televisión
2010 The Space Between Cameroon
2009 40 Godwill
2006-2009 Heroes Usutu / Joseph Al Amir Serie de televisión
2001-2008 CSI Tom Adler Serie de televisión
2002-2008 ER Paul Traylor Serie de televisión
2008 The Riches Maurice Devereaux Serie de televisión
2006 Sleeper Cell Yakubu Serie de televisión
2006 Diamante de sangue M'Ed
2006 The Unit Isaias Serie de televisión
2005 Alias Benjamin Masari Serie de televisión
2000 Perfect Murder, Perfect Town: JonBenét and the City of Boulder Det. Everett Filme de televisión
1999 Seven Days Cliff Serie de televisión
1998 Brimstone Detective Clemens Serie de televisión
1998 Desert Blue Axente Green
1997 Don King: Only in America Emisario Filme de televisión
1997 Clover Cuñado de Gaten Filme de televisión
1996 Law & Order Mark Davies Serie de televisión
1995 New York Undercover Serie de televisión

Véxase tamén

Ligazóns externas