Nothotsuga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nothotsuga
Falta imagen planta.svg
Estado de conservación
En perigo
En perigo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Nothotsuga
Especie: N. longibracteata
Nome binomial
'Nothotsuga longibracteata'
(W.C.Cheng) Hu ex C.N.Page

Nothotsuga é un xénero de coníferas pertencente á familia Pinaceae, está estreitamente relacionado cos xéneros Keteleeria e Tsuga. Distínguese de Tsuga polos seus conos máis grandes e erectos con brácteas externas e como (Keteleeria) conos femininos en umbelas, e de Keteleeria polas súas follas máis curtas e conos máis pequenos. Nothotsuga ten unicamente unha especie, Nothotsuga longibracteata, que se atopa no sueste da China, no sur de Fujian, norte de Guangdong, nordés de Guangxi, nordés de Guizhou e sueste de Hunan.

É unha árbore perenne que acada os 30 m de altura. As follas son semellantes a agullas de 1.2–4 cm de lonxitude e 1–2 mm de largo, moi semellante a Tsuga. Os conos son moi semellantes aos de Keteleeria porén máis pequenos 2.5–5 cm de lonxitude, erectos e madurecen aos 6-8 meses logo da polinización.

É unha árbore moi rara, en perifo de extinción na vida silvestre por mor da desforestación, aínda que agora se atopa protexida. Descubriuse en 1932, e foi tratada ao principio coma Tsuga longibracteata, sendo clasificada no seu propio xénero en 1989.

Notas[editar | editar a fonte]

Vëxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]