Markus Persson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Notch")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Markus Persson
Markus Persson at GDC 2011.jpg
Nome completoMarkus Alexej Persson
Nacemento1 de xuño de 1979
 Estocolmo
NacionalidadeSuecia
Relixiónateísmo
Ocupacióngame programmer, video game producer, informático teórico e enxeñeiro
editar datos en Wikidata ]

Markus Alexej "Notch" Persson, nado o 1 de xuño de 1979, é un deseñador e programador de videoxogos sueco. Persson é coñecido por ser o dono de Mojang, a compañía de videoxogos que fundou xunto con Carl Manneh e Jakob Porser a finais de 2010. En setembro de 2014 anunciou publicamente que abandonaría Mojang despois de que esta fose mercada por Microsoft.[1][2][3] A súa principal motivación para fundar Mojang foi Minecraft, un xogo de tipo "mundo aberto" en primeira persoa que gañou popularidade e apoio dende que apareceu a súa demo en 2009.[4] Dende o lanzamento de Minecraft, Persson gañou unha significante notoriedade na industria do videoxogo, conseguindo varios premios e estableendo relacións coas principais figuras deste mundo. Persson retivo a súa posición como principal deseñador do Minecraft ata o lanzamento oficial do xogo en 2011, cando Jens Bergensten converteuse na principal autoridade creativa.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Notch.net (ed.). "I’m leaving Mojang". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2014. Consultado o 3 de outubro de 2014. 
  2. The Word of Notch (ed.). "Hiring some people, getting an office, and all that!". Consultado o 3 de outubro de 2014. 
  3. Ripten (ed.). "Notch Speaks Out Regarding EA’s “Indie Bundle”". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2013. Consultado o 3 de outubro de 2014. 
  4. IGN (ed.). "This is Minecraft". Consultado o 3 de outubro de 2014. 
  5. Joystiq (ed.). "Notch steps down as lead developer on Minecraft to focus on 'new project'". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 3 de outubro de 2014.