Markus Persson
Markus Persson | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Markus Alexej Persson |
Alcume | Notch |
Nacemento | 1 de xuño de 1979 |
Estocolmo | |
Nacionalidade | Suecia |
Relixión | ateísmo |
Ocupación | programador, video game producer e deseñador |
Cónxuxe | Elin Zetterstrand |
Coñecido por | Steve |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Markus Alexej "Notch" Persson, nado o 1 de xuño de 1979, é un deseñador e programador de videoxogos sueco. Persson é coñecido por ser o dono de Mojang, a compañía de videoxogos que fundou xunto con Carl Manneh e Jakob Porser a finais de 2010. En setembro de 2014 anunciou publicamente que abandonaría Mojang despois de que esta fose mercada por Microsoft.[1][2][3] A súa principal motivación para fundar Mojang foi Minecraft, un xogo de tipo "mundo aberto" en primeira persoa que gañou popularidade e apoio dende que apareceu a súa demo en 2009.[4] Dende o lanzamento de Minecraft, Persson gañou unha significante notoriedade na industria do videoxogo, conseguindo varios premios e estableendo relacións coas principais figuras deste mundo. Persson retivo a súa posición como principal deseñador do Minecraft ata o lanzamento oficial do xogo en 2011, cando Jens Bergensten converteuse na principal autoridade creativa.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Notch.net (ed.). "I’m leaving Mojang". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2014. Consultado o 3 de outubro de 2014.
- ↑ The Word of Notch (ed.). "Hiring some people, getting an office, and all that!". Consultado o 3 de outubro de 2014.
- ↑ Ripten (ed.). "Notch Speaks Out Regarding EA’s “Indie Bundle”". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2013. Consultado o 3 de outubro de 2014.
- ↑ IGN (ed.). "This is Minecraft". Consultado o 3 de outubro de 2014.
- ↑ Joystiq (ed.). "Notch steps down as lead developer on Minecraft to focus on 'new project'". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 3 de outubro de 2014.