Non Servium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non Servium é un grupo de Oi! creado en Móstoles (Madrid) en 1997. A formación actual conta co vocalista Carlos, os guitarristas Snoker e Ivi, o baixista Gordo e o batería Neno. Carlos e Snoker son os dous únicos membros orixinais dende os inicios durante toda a traxectoria do grupo.

O nome da banda, "Non Servium", en realidade é un erro morfosintáctico do latín (a forma correcta é "Non serviam"). Pretende significar "non che servirei", o que concorda coa filosofía do grupo: pretender non servirlle a ninguén. A frase é, polo xeral, atribuída a Lucifer. Disque pronunciou estas palabras para rexeitar servir a Deus no reino celestial.

Historia[editar | editar a fonte]

A banda naceu en 1997 na cidade de Móstoles (Madrid). Os compoñentes iniciais eran Carlos (voz), Snoker (guitarra), Bibi (guitarra), Jose (baixo) e Alvarito (batería). Esta formación gravou o primeiro disco en 1999, "Orgullo obrero", publicado a través de Potencial Hardcore. Tras a gravación, Jose abandona o grupo e é substituído por Gordo (ex-membro de Ignotus). A partir de entón aumenta a potencia nos temas, e sobre todo nos coros.

En maio de 2002 sae á rúa o seu segundo traballo, "NSA (La santa familia)". Cun son máis potente có anterior, supón a consolidación do grupo. Comezan a dar concertos por todo o país e tamén por Europa. A principios de 2005 Bibi marcha da banda, e é substituído por Cristian (ex-membro de Steelcap). Con esta formación comezan a dar concertos en América Latina.

En decembro de 2007 é publicado o terceiro disco, "El imperio del mal". Nel, o son é moito máis elaborado, mais sen afastarse do estilo propio da banda. Pouco antes da saída do disco, Alvarito (batería) e Cristian (guitarra) abandonan o grupo, e entran Ivi (ex-membro de Adversion) e Neno (ex-membro de Ignotus). Esta formación realiza a xira "El imperio del mal", até 2009.

Coa formación xa totalmente estabilizada, en setembro de 2011 aparece o cuarto álbum, "El rodillo del kaos". Un ano despois, en setembro de 2012, o grupo publica "La voz de los malditos", un álbum con versións das bandas que os influenciaron.

A finais de 2013, concluída a xira do seu disco de versións, Non Servium anunciou un parón na súa actividade en directo. Este parón foi aproveitado para compor novos temas. Tras un tempo de descanso, a banda confirmou o regreso aos escenarios en abril de 2015.

En xullo de 2015, a banda entra no estudo para gravar o sexto traballo, producido por Haritz Harreguy e Mr. Chifly (membro de Habeas Corpus). Posteriormente, o grupo anuncia a través de Facebook a capa do disco, "Resurgir", publicado o 2 de outubro, editado polo selo Potencial Hardcore e composto por 11 cancións.

Estilo musical[editar | editar a fonte]

O estilo de Non Servium é definido esencialmente como Oi! ou "Brutal Oi!", con influencias do punk, street punk e hardcore punk. Son característicos os seus ritmos rápidos de batería e as liñas fortes de baixo e guitarra. As súas letras están cargadas de contido político, aínda que tamén se atopan temas sobre a cultura punk e skinhead ou o movemento hooligan.

Son quizais o maior expoñente do Oi! de temática "antifascista" en castelán. No mesmo xénero tamén son coñecidas bandas de orixe madrileña, como Kaos Urbano, de Alcobendas, e Núcleo Terco, da zona madrileña de Vallecas.

Discografía[editar | editar a fonte]

Orgullo Obrero (1999)[editar | editar a fonte]

  1. Bronca
  2. Non Servium
  3. Punks y Skins
  4. El Elegido
  5. Escucha el Oi!
  6. Cabezas Rapadas
  7. Lucha Armada
  8. Mata Hippies
  9. Nosotros Somos la Venganza (Animales Muertos)
  10. Orgullo Obrero
  11. Donde Vamos la Liamos
  12. Seguimos Siendo
  13. Hooligans

N.S.A. (La Santa Familia) (2002)[editar | editar a fonte]

  1. Ratas
  2. Violencia
  3. Mi Clase
  4. Antinazis
  5. Jack
  6. El Espíritu Del Oi!
  7. En Tus Carnes
  8. N.S.A. (Non Servium Army)
  9. Tu Ira
  10. ¿Qué Pasó En El Lieja?
  11. Escucha el Oi!

El Imperio del Mal (2007)[editar | editar a fonte]

  1. Imperio del Mal
  2. Nuestra Lucha
  3. Todos al Suelo
  4. Mi Vida Loca
  5. Cambio de Orden
  6. Muerte en vida
  7. El Impacto del Discreto
  8. Lágrimas de Sangre
  9. Dinero
  10. Ratas de Ciudad (Vómito)
  11. Warriors
  12. Torpedos

El Rodillo del Kaos (2011)[editar | editar a fonte]

  1. El Rodillo Del Kaos
  2. Generación Dormida
  3. A.C.A.B.
  4. Nuestra Cruz
  5. Mi Barrio Or Die
  6. La Maldición
  7. 3 Letras
  8. Sangre Por Sangre
  9. Civilización
  10. A.D.R.V. Hools
  11. Animal
  12. Bendita Locura
  13. Los Putos Amos

La Voz de los Malditos (2012)[editar | editar a fonte]

  1. Intro
  2. Brigada Criminal (RIP)
  3. Callejón sin Salida (Barricada)
  4. Kaos (The Oppressed)
  5. Perro Callejero (Efectos Sekundarios – Pota Potaje)
  6. Bestia, Bestia (Ilegales)
  7. Ración Doble (Decibelios)
  8. Civilizate (Distorsion – Asta Kask)
  9. La 204 (Cicatriz)
  10. Siempre en Problemas (Cock Sparrer)
  11. La Gracia de Dios (37 Hostias)
  12. Os Engañan (Eskorbuto)
  13. Madrugando (Potrotaino)
  14. Sociedad (Dekadencia)
  15. Chicos de la Calle (Toreros After Ole)
  16. Nación en Llamas (Blitz)
  17. Intenta Disfrutar (Radikal Hardcore)
  18. En la Brecha (Zakarrak – Red Alert)
  19. La Tortura (La Polla Records)
  20. Señor juez (Zer Bizio?)
  21. Hijos de Puta (Andanada 7)
  22. Asesino a Sueldo (MCD)
  23. A la Calle (Kortatu)
  24. Canción de Amor (Parabellum)

Resurgir (2015)[editar | editar a fonte]

  1. Apestan
  2. Desperté
  3. Mi Pacto
  4. Madrid
  5. Resurgir
  6. Apártate
  7. La Era del Terror
  8. Los Demonios de la Noche
  9. Buitres
  10. Mi Prisión
  11. Rock'n'rolla

Compoñentes[editar | editar a fonte]

Actuales
  • Carlos - voz (1997–presente)
  • Snoker - guitarra (1997–presente)
  • Ivi - guitarra (2007–presente)
  • Gordo - bajo (1999–presente)
  • Niño - batería (2007–presente)
Anteriores
  • Bibi - guitarra (1997–2005)
  • Cristian - guitarra (2005–2007)
  • Jose - bajo (1997–1999)
  • Alvarito - batería (1997–2007)

Referencias a filmes e a outros temas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]