Noite Meiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Noite Meiga é o nome dun evento lúdico-cultural celebrado en Sarria o último sábado de agosto desde 1971, organizada pola Asociación Cultural Meigas e Trasgos[1].

Historia e características[editar | editar a fonte]

Amais da vertente lúdica e da cultural, existe tamén unha celebración gastronómica, con produtos típicos da zona.

O pregón foi dado en distintos anos por persoeiros relevantes da cultura galega, como Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro, Avelino Pousa Antelo, Uxío Novoneyra, Dionisio Gamallo Fierros, Fiz Vergara Vilariño, Manuel María, Salvador García-Bodaño, Valentín Arias López ou Ramón Villares Paz.

No eido artístico, celébranse certames de literatura -prosa e verso- e a Bienal de Arte Galega -pintura e escultura. Hai tamén nas actuacións musicais: durante a xornad,a actúan no recinto Grupos de Danzas e Gaitas de “Meigas e Trasgos”; ao chega a medianoite, ten lugar a danza da Noite Meiga.

Notas[editar | editar a fonte]