Noelia Rivadas López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNoelia Rivadas López
Biografía
Nacemento1996 Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlogopeda , política Editar o valor em Wikidata

Facebook: noelia.rivadaslopez LinkedIn: noelia-rivadas-lópez-127419146 Editar o valor em Wikidata


Noelia Rivadas López, nada en Ordes en 1996, é unha logopeda e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse en Logopedia pola Universidade da Coruña, con premio fin de grao,[1] o premio de excelencia académica e o premio fin de carreira pola Xunta de Galicia.[2] Traballa na Federación Galega de Dano Cerebral como logopeda tanto en servizos de atención temperá como de dano cerebral adquirido.[3]

Nas eleccións municipais de 2019 foi no número 4 nas listas do PSdeG-PSOE no concello de Ordes, e nas eleccións municipais de 2023 foi no número 2 e saíu elixida concelleira. Forma parte da executiva local do seu partido como secretaria de educación, sanidade e política social.

Notas[editar | editar a fonte]