Federación Galega de Dano Cerebral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) constitúese en maio de 2007 polas cinco asociacións de dano cerebral de Galicia: Adaceco na Coruña, Adace-Lugo en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago de Compostela.

A federación persegue a defensa dos intereses e a mellora da calidade de vida dos afectados e afectadas galegas por dano cerebral e dos seus familiares. Pretende sensibilizar á sociedade en xeral con respecto á dimensión do problema, implicar ás institucións e cantas iniciativas se dirixan a resolver os problemas de rehabilitación, integración e normalización social.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]