Noel Galea Bason
Noel Galea Bason | |
---|---|
![]() —imaxe non dispoñible— | |
Nacemento | 1955 |
![]() ![]() | |
Área | Escultura e deseño de moedas. |
Educación | Escola de Arte da Medalla (IPZS), Roma. |
Obras | Anverso nacional das moedas do euro de Malta. |
[ editar datos en Wikidata ] |
Noel Galea Bason, nado en Floriana en 1955, é un escultor e medallista maltés coñecido polo seu deseño dos anversos da primeira serie de moedas do euro de Malta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Noel Garea Bason formouse como medallista na Escola de Arte da Medalla do Istituto Poligrafico dello Stato, en Roma, entre os anos 1975 e 1978. Posteriormente foi, ata 1991, o único gravador da Casa da Moeda de Malta,[1] que pechou en 1995.
Garea Bason creou varias esculturas e relevos, en ocasións en espazos públicos, como é o caso das estatuas dedicadas ao estadista maltés Dom Mintoff, unha en Cospicua e outra na Praza de Castela da Valeta, inaugurada en maio de 2018.[2] Outras das súas obras son un relevo en bronce titulado Giullare per un dio ("Bufón para un deus"), de 1988,[3] e outro en prata conmemorativo da visita de Xoán Paulo II a Malta, de 1999.[4]
Por outra banda, Garea Bason foi comisionado polo Estado maltés en diversas ocasións para confeccionar agasallos para monarcas e outros dignatarios estranxeiros. Un destes agasallos é o relevo en prata montado sobre madeira nobre como regalo do presidente maltés Ċensu Tabone a Isabel II con motivo da súa visita a Malta entre o 28 e o 30 de maio de 1992.[5]
Ademais, Noel Garea Bason é un prolífico medallista e deseñador de moedas. A el débenelle unha serie de 28 medallas cos retratos dos grandes mestres da Orde de Malta, creadas entre 1998 e 2002. Un destes xogos serviu tamén como agasallo de Estado, outorgado a Xoán Carlos I de España na súa visita a Malta.[4] Entre 1991 e 2006 foi o deseñador de varias moedas, tanto circulantes como conmemorativas, do sistema da lira maltesa.[6]
Coa entrada do país na Eurozona e a asunción do euro como moeda de curso legal, Garea Bason foi tamén o encargado do deseño dos anversos nacionais da primeira serie de moedas do euro de Malta, que empezaron a cuñarse en 2008, así como de diversas moedas conmemorativas de dous euros e outras en metais nobres destinadas ao coleccionismo e ao investimento.[6][7]
Garea Bason é tamén o autor de senllos selos postais malteses con valores de 4 e de 25 céntimos de lira emitidos en 1990 con motivo da visita a Malta do papa Xoán Paulo II.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Noel Galea Bason". Likedin.com
- ↑ "Model of Mintoff monument for Castille square is ready", En TVMNews.mt. 7 de setembro de 2016.
- ↑ Borg, I. "The Iconography of Evil in Maltese Art". En Clough. P.; Mitchell. J. P. (eds.) (2001) Powers of Good and Evil: Moralities, Commodities, and Popular Belief. Berghahn Books. Páxinas 210-232 (imaxe na páxina 211). ISBN 1-57181-313-6
- ↑ 4,0 4,1 "Engraver produces medal of late Pope". En Times of Malta. 21 de novembro de 2005.
- ↑ "The Verdala Palace, Malta c. 1992". Royal Collection Trust (www.rct.uk).
- ↑ 6,0 6,1 Moedas deseñadas por Noel Garea Bason. Numista.com
- ↑ "Euro Coins". Central Bank of Malta.
- ↑ Kloetzel, J. E. et al. (eds.) (2008). Scott 2009 Standard Postage Stamp Catalogue. Volume 4, J-O. Scott Publishing Co., Sidney. Páxina 812. ISBN 0-89487-420-9