Presidente de Malta
O presidente é o xefe de estado de Malta. O cargo foi creado o 13 de decembro de 1974 cando Malta constituíuse en república e o último gobernador-xeral, Sir Anthony Mamo foi nomeado presidente.
Así como os monarcas británicos, o Presidente de Malta é un xefe de estado constitucional, posto que o poder executivo correspóndelle ao Primeiro Ministro. O Presidente é elixido por unha Cámara de representantes (maltés Kamra tar-Rappreżentanti) unicameral. A primeira muller que ocupou o cargo de Presidente foi Agatha Barbara, antiga ministra de Traballo. A actual Presidenta é Marie-Louise Coleiro Preca.
Esta é a lista dos presidentes de Malta despois de 1974.
Nome | Imaxe | Inicio do mandato | Fin do mandato |
---|---|---|---|
Anthony Mamo | ![]() |
13 de decembro de 1974 | 27 de decembro de 1976 |
Anton Buttigieg | ![]() |
27 de decembro de 1976 | 27 de decembro de 1981 |
Albert Hyzler | ![]() |
27 de decembro de 1981 | 15 de febreiro de 1982 |
Agatha Barbara | ![]() |
15 de febreiro de 1982 | 15 de febreiro de 1987 |
Paul Xuereb | ![]() |
15 de febreiro de 1987 | 4 de abril de 1989 |
Ċensu Tabone | ![]() |
4 de abril de 1989 | 4 de abril de 1994 |
Ugo Mifsud Bonnici | ![]() |
4 de abril de 1994 | 4 de abril de 1999 |
Guido de Marco | ![]() |
4 de abril de 1999 | 4 de abril de 2004 |
Edward Fenech Adami | ![]() |
4 de abril de 2004 | 4 de abril de 2009 |
George Abela | ![]() |
4 de abril de 2009 | 4 de abril de 2014 |
Marie-Louise Coleiro Preca | ![]() |
4 de abril de 2014 | presente |