Saltar ao contido

No Man's Sky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No Man's Sky

Nome curtoNMS Editar o valor en Wikidata
Tipovideoxogo Editar o valor en Wikidata
EpónimoTerra de ninguén Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo de supervivencia, videoxogo de acción e aventura, videoxogo de simulación espacial e videoxogo de ciencia ficción Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo para un xogador, videoxogo multixogador e modo cooperativo Editar o valor en Wikidata
Motorsen valor Editar o valor en Wikidata
Autoría
Compositor/a65daysofstatic e Paul Weir Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorHello Games Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalexploración espacial Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeReino Unido Editar o valor en Wikidata
Produtor/aSuzy Wallace Editar o valor en Wikidata
EditorialSony Interactive Entertainment e Hello Games Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aSteam, GOG.com, Humble Store, Microsoft Store, PlayStation Store e Nintendo eShop Editar o valor en Wikidata
Formato de distribucióndisco óptico, distribución dixital e descarga dixital Editar o valor en Wikidata
PlataformaPlayStation 4, Microsoft Windows, Xbox One, Xbox Series X e Series S, PlayStation 5, Nintendo Switch, macOS e Nintendo Switch 2 Editar o valor en Wikidata
Premios
Identificadores
OCLC956458828 Editar o valor en Wikidata
Clasificación
Clasificación PEGI
CERO
USK
Contacto
Páxina WEBnomanssky.com Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt3819090 Facebook: NoMansSky Twitter: NoMansSky Youtube: UCLKKdAW7IDYB2tpf_gq0W0Q Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

No Man's Sky é un videoxogo de acción e supervivencia desenvolvido e publicado polo estudio independente Hello Games para PlayStation 4 e Microsoft Windows. O xogo foi lanzado internacinalmente en agosto de 2016. O modo de xogo de No Man's Sky baséase en catro alicerces —exploración, supervivencia, loita e comercio. Os xogadores son libres para actuar nun universo aberto que inclúe 18 quintillóns (1,8×1019) de planetas, moitos dos cales teñen a súa propia flora e fauna.[1]

Os xogadores participan nun universo compartido, coa posibilidade de intercambiar información dos planetas con amigos, aínda que o xogo tamén se pode desfrutar completamente sen conexión a Internet. Iso é posible polo sistema de xeración procesual que garante os xogadores a atopar o mesmo planeta coas mesmas características , formas de vida e outros aspectos unha vez dadas as coordenadas do planeta, sen necesidade de máis datos gardados ou recuperados de servidores de xogos. Case tódolos elementos do xogo son xerados procesualmente, incluíndo os sistemas de estrelas, os planetas e os seus ecosistemas, a flora, a fauna e os patróns de comportamento, as estruturas artificiais, as faccións alieníxenas e as súas naves espaciais. O motor do xogo emprega diversos algoritmos deterministas como ecuacións matemáticas parametrizadas que poden imitar unha ampla gama de xeometría e estrutura atopada na natureza. Os elementos de arte creados por artistas humanos son usados e alterados tamén. O son do xogo, incluíndo o ambiente e a súa banda sonora subxacente, tamén emprega métodos de xeración procesual a partir de mostras de base creadas por Paul Weir e o seu grupo de música 65daysofstatic.

  1. Hiranand, Ravi (18 de xuño de 2015). CNN, ed. "18 quintillion planets: The video game that imagines an entire universe". Consultado o 21 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]