Ninguén coma min

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ninguén coma min, co subtítulo Autobiografía dun tirano, é un álbum escrito polo galego Ignacio Chao e ilustrado pola artista catalá Eva Sánchez. Publicouno a editorial pontevedresa Kalandraka, na súa colección "Maremar", en xaneiro de 2020[1].

Historia e características[editar | editar a fonte]

Tras recibir unha mención na XI edición do Premio Compostela de Álbum ilustrado, a obra comercializouse ao mesmo tempo en tres linguas: en galego (lingua orixinal), en castelán -intitulada Nadie como yo- e mais en catalán -Ningú com jo-.

Trátase dunha "metáfora sobre o poder que, a través da figura dun porco, presenta un tirano que repasa a súa traxectoria vital"; en canto ás ilustracións, consonte a presentación editorial, son "figurativas, cun hábil tratamento cromático e de gran detallismo técnico, xogan co simbolismo dos personaxes -ratas, raposos, monos, voitres- e destacan pola agresividade das escenas humanizadas."[2].

Son un dos grandes persoeiros deste país recóndito, con rol de náufrago, reo de si. Eu, que pertenzo a unha estirpe pobre, vulgar, afeita a vivir coa cabeza abaixada, son agora o elixido…
Texto que abre o álbum, na voz do marrancho protagonista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha en Imosver.
  2. Dossier de prensa Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. elaborado pola editorial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]