Nikolaus von Amsdorf
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de decembro de 1483 Torgau |
| Morte | 14 de maio de 1565 Eisenach |
| Bispo luterano (pt) | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Luteranismo |
| Educación | University of Wittenberg (en) Universidade de Leipzig (1500–1502) Thomasschule zu Leipzig (pt) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Magdeburgo |
| Ocupación | pastor luterano, bispo, reformador protestante, párroco, superintendent (en) |
| Empregador | University of Wittenberg (en) Universidade de Halle-Wittenberg |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Nikolaus von Amsdorf, nado en Torgau en 1483 e finado en Eisenach en 1565, foi un reformador protestante alemán.
Educado en Leipzig e en Wittenberg, en 1502 foi dos primeiros en se matricular na recentemente aberta universidade da cidade, e en 1511 convértese en profesor de teoloxía.
Como Andreas Karlstadt ao comezo foi un defensor da teoloxía escolástica, pero baixo a influencia de Lutero deixa as súas posicións aristotélicas para se achegar a unha teoloxía fundamentada na graza de Santo Agostiño, e converteuse nun dos máis fieis seguidores de Lutero, acompañándoo á conferencia de Leipzig (1519) e á dieta de Worms (1521)