Night on Earth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Night on Earth
Título orixinal Night on Earth
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Jim Jarmusch
Produtor Jim Jarmusch
Guión Jim Jarmusch
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Winona Ryder
Béatrice Dalle
Roberto Benigni
Armin Mueller-Stahl
Kari Väänänen
Sakari Kuosmanen
Tomi Salmela
Matti Pellonpää
Música Tom Waits
Fotografía Frederick Elmes
Montaxe Jay Rabinowitz
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 1991
Duración 129 min.
País Estados Unidos
Xénero
Orzamento {{{orzamento}}}
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Night on Earth é unha película de Jim Jarmusch do ano 1991, na que se presentan cinco historias transcorridas simultaneamente durante unha noite en diferentes cidades do mundo: Os Ánxeles, Nova York, París, Roma e Helsinqui. Os acontecementos cóntanse cidade por cidade, unha a unha, na orde dita, e teñen en común que tratan sobre unha relación entre a relación dun taxista co seu ou seus clientes. A banda sonora de Night on Earth foi producida e composta maiormente por Tom Waits.

Argumento[editar | editar a fonte]

Os Ánxeles[editar | editar a fonte]

A taxista Corky (Winona Ryder) recolle no aeroporto á executiva e directora de cásting Victoria Snelling (Gena Rowlands). Mentres Corky conduce e fuma efusivamente, Victoria fai chamadas de negocios dende o seu teléfono, a vez que tamén fala ca taxista da vida. Ao final Victoria ofrécelle a opción de traballar nunha película, mais Corky négase, ela quere ser mecánica.

Nova York[editar | editar a fonte]

Helmut Grokenberger (Armin Mueller-Stahl), antes un pallaso na Alemaña Oriental, é agora un taxista principiante na cidade de Nova York, o pobre non sabe ben inglés, non coñece as rúas. Na rúa atópase un negro querendo parar un taxi, despois de varios intentos con outros taxis, YoYo (Giancarlo Esposito) é recolleito por Helmut, quen o ten que levar até Brooklyn. Helmut non dá conducido o coche, e ten que acabar ao final o cliente levando o coche. No camiño, YoYo encontra á súa cuñada Angela Rosie Pérez pola rúa e a empurróns, e con moitos insultos, Yoyo métea no taxi pra levala pa casa. Os tacos continúanse dicindo polo camiño, e Helmut repetíraos orgulloso.

París[editar | editar a fonte]

Nesa noite, unha cega (Béatrice Dalle) sobe ao taxi conducido por un rapaz africano (Isaach De Bankolé). Este, curioso da condición física da muller, intenta iniciar unha conversación con ela mediante preguntas que se volven estúpidas ante unha cega.

Roma[editar | editar a fonte]

Un excéntrico taxista (Roberto Benigni) recolle a un cura (Paolo Bonacelli). Na viaxe, o taxista confésalle ao padre todos os seus pecados sexuais, dende que a metía nun cabazo de cativo, a o que facía cunha ovella ou coa súa cuñada. O cura morre dun infarto e déixao nun banco.

Helsinqui[editar | editar a fonte]

Tres traballadores (Kari Väänänen, Sakari Kuosmanen e Tomi Salmela), un durmido, soben a un taxi. Os dous que están despertos cóntanlle ao taxista Mika (Matti Pellonpää) o desgraciado que era o que ía durmido. Como resposta, o taxista contoulles unha historia triste que lles fixo chorar.

Reparto[editar | editar a fonte]

Os Ánxeles[editar | editar a fonte]

Nova York[editar | editar a fonte]

París[editar | editar a fonte]

Roma[editar | editar a fonte]

Helsinqui[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]