Bocalada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emoji empregado nas redes sociais para expresar ira ou frustración do remitente. Dependendo do deseño pode consistir nunha cara arroibada e grawlixes brancos (símbolos tipográficos, como @#$%&, que representan bocaladas) o que indica que está a maldicir ou proferindo insultos.

As bocaladas,[1] grosarías,[2] groserías[3] ou palabras feas son un conxunto de formas lingüísticas que a comunidade lingüística ou parte dela considera inapropiadas, obscenas, indecentes, deshonestas, inxuriosas ou ofensivas. A quen emprega estas palabras con frecuencia considéraselle bocalán,[4] malfalado,[5] desbocado[6] ou deslinguado.[7]

É propio das bocaladas referirse ao que socialmente se considera sacro (relixión, raza, orixe familiar ou nacional) ou tabú (escatoloxía, determinadas partes do corpo, sexo, sicalipse, humor negro); liberando a tensión emocional con expresións excesivas ou hiperbólicas (blasfemia, maldición, renego, xuramento, voto) ou dirixíndose a un destinatario concreto en forma de improperio, insulto, desprezo, ridiculización, estigmatización ou descrición persoal exacerbada.

Sociolingüística[editar | editar a fonte]

En certos contextos sociais, malia que as bocaladas son consideradas inadecuadas, é frecuente que sexan moi usadas e non sempre rexeitadas, especialmente como interxeccións que expresan desprezo ou ira.[8][9][10][11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]