Nieves Fariza Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nieves Fariza Alonso
Nacemento17 de xaneiro de 1911
 Cambados
Falecemento1975
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Nieves Fariza Alonso, nada en Cambados o 17 de xaneiro de 1911 e finada en Vigo en 1975, foi unha mestra e sindicalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriña de Antón Alonso Ríos. Foi mestra en Xacebáns (Quintela de Leirado), onde amosou a súa oposición á Igrexa católica negándose a impartir clases de relixión. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 conseguiu escapar ao seu seguro asasinato. Ao rematar a guerra o seu marido morreu de silicose. Enfrontouse cos empresarios de MZOV para esixirlles o pago de pensións ás viúvas dos carrilanos afectados pola silicose que carecían de seguridade social, polo que foi coñecida por «A desenterramortos». Tamén defendeu aos operarios do ferrocarril conseguindo a mellora das súas condicións salariais ao lograr que se lles aboase o desprazamento ata os seus postos de traballo, gañando o sobrenome de «A dos quilómetros». Foi denunciala por exercer de laboralista sen estar en posesión do título e condenada a prisión. Defendeuna o avogado ourensán Luís Pérez Colemán. Cando saíu en liberdade, obtivo a titulación requirida e abriu o consultorio social Adelante na rúa do Paseo de Ourense co que fora o seu avogado. O bufete tivo continuidade cando remataron as obras do ferrocarril nas sucursais que abriron noutros puntos de Galicia e na conca mineira asturleonesa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]