Nicandro Golán Pereiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNicandro Golán Pereiro
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Sada, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1952 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Sada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Nicandro Golán Pereiro, nado en Sada en 1905 e finado no mesmo concello o 9 de agosto de 1952,[1] foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José María Golán Blanco e Hermenigilda Pereiro Canle. Iniciou os estudos de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, aínda que en 1929 trasladouse á Normal de Pontevedra.[2] En decembro dese ano impartiu unha conferencia no Pósito de Sada sobre o tema "Nuestra emigración en Hispanoamérica".[3] Integrouse no Centro Cultural Obrero de Sada do que foi elixido vicepresidente en xaneiro de 1931.[4] Formou parte do grupo autonomista de Sada creado en novembro de 1932,[5] e participou nos mitins pro Autonomía de 1933, como o de Gandarío celebrado o 12 de marzo.[6]

En xaneiro de 1933 participou no mitin de Campolongo, promovido pola Sociedad Agraria Republicana de Castro, Leiro y Carantoña e pola Federación Agrícola Comarcal de Pontedeume con José Antonio Cabana Rodríguez, presidente desta última entidade e o deputado Ramón Suárez Picallo, do Grupo Galeguista de Sada.[7] Mestre de Samoedo dende 1932, rematou os cursiños de selección do maxisterio en decembro de 1933.[8] Foi mestre do Pósito de Corme (Ponteceso). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo por seis meses.[9] Como resultado do expediente de depuración foi suspendido de emprego e soldo por un ano e trasladado fora da provincia.[10] Foi destinado a Oviedo. Despois foi mestre en Senra (Ortigueira).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 10-8-1952, p. 4.
  2. El Eco de Santiago, 20-3-1929, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 21-12-1929, p. 7.
  4. El Pueblo Gallego, 21-1-1931, p. 8.
  5. El Pueblo Gallego, 22-11-1932, p. 13.
  6. El Pueblo Gallego, 19-3-1933, p. 11.
  7. El Pueblo Gallego, 18-1-1933, p. 8.
  8. El Pueblo Gallego, 28-12-1933, p. 11.
  9. Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 5-9-1936, p. 2.
  10. Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 21-9-1940.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]