Samoedo, Sada, Sada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samoedo
ParroquiaSada
ConcelloSada
Coordenadas43°20′37″N 8°15′40″O / 43.34361111, -8.26111111Coordenadas: 43°20′37″N 8°15′40″O / 43.34361111, -8.26111111
Poboación505 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Samoedo é unha vila da parroquia de Sada no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Segundo o IGE[1], en 2011 tiña 505 habitantes (239 homes e 266 mulleres). Constitúe o terceiro maior núcleo de poboación[1] da parroquia.

Características[editar | editar a fonte]

Limita coa vila de Sada e o lugar do Tarabelo dentro da propia parroquia; cos lugares de Seixeda e O Castro de Samoedo na parroquia de San Xián de Osedo; e coas parroquias de San Xián de Lubre e San Xián de Ouces, no concello de Bergondo.

Abrangue varias entidades menores de poboación de distinta denominación: Agra de Samoedo, As Lixelas, Samoedo, As Corredoiras, Os Carbosos, Cambade, Monte do Sabio etc.

Destacou tradicionalmente pola súa produción vitícola, presumiblemente ligada ao mosteiro de Sobrado, se ben hoxe decreceu case ata a desaparición. Porén, non deixa de ser unha área eminentemente agraria, aínda que tamén residencial.

Conserva mostras significativas da súa arquitectura popular, especialmente hórreos e algunha vivenda de interese.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sada[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sada no concello de Sada (A Coruña)

Os Barros | Beloi | A Chaburra | O Couto | Fontán | A Grela | Pazos | A Ramalleira | Riovao | Sada | Sada de Arriba | Samoedo | Serra | O Tarabelo

Parroquias de Sada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sada

Carnoedo (Santo André) | Meirás (San Martiño) | Mondego (San Xián) | Mosteirón (San Nicolao) | Osedo (San Xián) | Sada (Santa María) | Soñeiro (San Xián) | Veigue (Santa Comba)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.