Centro Cultural Obrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Centro Cultural Obrero foi unha asociación cultural e política creada en Sada no ano 1930 e presidida polo sindicalista José Monzo Ríos, con Manuel Lorenzo Freire-Calvelo coma Secretario e José Flórez coma Tesoureiro.

Desenvolveu numerosas actividades, coma conferencias, manifestos de protesta en defensa da clase obreira ou solicitando a construción do porto de refuxio. No 1930 organizou unha subscrición popular co fin de recadar fondos para as familias dos mariñeiros falecidos no afundimento do bote María del Carmen. No 1931 dará lugar ao Sindicato de Oficios Varios, vencellado á CNT.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Fontes hemerográficas[editar | editar a fonte]

Fontes arquivísticas[editar | editar a fonte]