Neves Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNeves Rodríguez
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , presentadora de televisión , locutora de radio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega, lingua castelá e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0736045 Twitter: Neves_Rguez Editar o valor em Wikidata

María Neves Rodríguez Román, nada en Donostia en 1969,[1] é unha actriz, comunicadora e presentadora de televisión galega, máis coñecida como Neves Rodríguez[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neves Rodríguez naceu en Donostia, onde viviu os primeiros anos da súa vida, sendo adolescente a súa familia trasladouse a vivir a Tui, de onde é orixinario seu pai.[3]

Comezou na Radio televisión municipal de Tui a súa traxectoria profesional. Presentou o programa Luar en dúas etapas (1993) e (2005-2009). Foi condutora do programa de TVE-Internacional Desde Galicia para el Mundo.

Na súa traxectoria profesional está fundamentalemente ligada a televisión autonómica galega aínda que tamén traballou na televisión autonómica da Rexión de Murcia (7RM) e para a Televisión Española (TVE).

Como actriz participou en series de televisión como Rías Baixas, Gondar, Pazo de familia, Serramoura, Néboa ou Método Criminal. Tamén presentou programas como Luar (en dúas etapas, 1993[1] e 2003-2008) e Desde Galicia para el mundo ou Vin polo vento.[3]

Entre os anos 2013 e 2018 presentou o podcast Metrópoles Delirantes, adicado á Banda deseñada.

Entre 2017 e 2019 presidiu[4] a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.[3]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

  • 1991 - Antena Louro.
  • 1992 . Radio Municipal de Tui.
  • 1993 - Luar (TVG).
  • 1995 - Desde Galicia para el Mundo (TVE-Internacional).
  • 2003/2008 - Luar (TVG).
  • 2004 - Rías Baixas (TVG).
  • 2004 - Gondar (TVG).
  • 2005 - Entre hermanos de sangre (Tv movie).
  • 2006 - Sexo, Entre o ceo e a terra (Documental).
  • 2008 Calle Mayor (7RM).
  • 2010 - O fío do retrato (TVG).
  • 201/2018 - Vaia Troula (TVG)
  • 2014/2018 - Pazo de Familia (TVG).
  • 2018 - Serramoura (TVG).
  • 2018 - Metamorfose (Performance).
  • 2018/2022 - Invisibles (Teatro).
  • 2018/2019 - Vin polo vento (TVG).
  • 2019 - Malcavada (Curtametraxe).
  • 2020 - Néboa (TVE).
  • 2021 - Método Criminal (TVG).
  • 2021/2022 - Little neno (Teatro)

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mirás Fole, Nacho (04-02-2007). "«Me gustaría hacer de malísima»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19-09-2021. 
  2. Neves Rodríguez no Twitter
  3. 3,0 3,1 3,2 Prieto, Susana (21-02-2019). "Nieves Rodríguez: “el teatro me llena, supone desnudar el alma”". De Cerca (en castelán). Consultado o 19-09-2021. 
  4. "Nieves Rodríguez, nova presidenta da AAAG". Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Consultado o 27-6-2022. 
  5. "XVI Premios Mestre Mateo" (PDF). Academia Galega do Audiovisual. Consultado o 1/5/2022. 
  6. "O actor Carlos Blanco recibirá o premio Pedigree do Festival de Cans". Cultura Galega. Consultado o 1/05/2022. 
  7. "O FESTIVAL DE CANS RECOÑECE A TRAXECTORIA DO ACTOR CARLOS BLANCO CO PREMIO PEDIGREE 2019". Festival de Cans. Consultado o 1/5/2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]