Linguaxe neutra de xénero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Neutralidade de xéneros»)

A neutralidade de xéneros, dende o punto de vista lingüístico e gramatical, é unha vertente recente das demandas por maior igualdade entre homes e mulleres e non binarios. Algunhas publicacións amosan que os falantes de linguas con xénero gramatical (p.ex. galego, portugués, castelán, francés e outras) tenden a ter pensamentos máis sexistas.[1][2][3] O uso de pronomes persoais neutros, como hen en sueco, elle en castelán, they singular en inglés e ri en esperanto, son empregados como maneiras de neutralizar o xénero.[4][5][6][7]

Masculino e feminino[editar | editar a fonte]

En galego, o xénero feminino é xeralmente marcado pola letra -a: ciruxián, ciruxiá; avogada, avogado; o doutor, a doutora.

Porén, en galego, así como outras linguas románicas, o plural dos substantivos, cando abrangue tanto individuos do xénero feminino como do xénero masculino, faise en base ó masculino: "vinte profesoras" e "dez profesores", xuntos, son "trinta profesores"; unha sala de clase con trinta e nove alumnas e un único alumno terá no total "corenta alumnos". Esa formación do plural é considerada sexista por certos grupos e individuos, polo que xurdiron propostas para un xénero plural neutro en galego.

Propostas para neutralidade na ortografía[editar | editar a fonte]

A proposta máis coñecida para neutralidade de xéneros en relación á ortografía é o uso do símbolo "arroba" (@) no canto de -o, -a ou mesmo -e: @s @trabalhador@s.

Outra proposta é a do emprego do "a anarquista" (Ⓐ), usado da mesma forma que @ en substitución a "a/o", sobre todo en textos políticos radicais: (CompañeirⒶs, hai que ocupar e resistir, até a vitoria!). Tamén se observa, con esa mesma función, o emprego da da letra "x" (por exemplo, en certos manifestos do Movemento Zapatista mexicano").

Historicamente, a barra (/) foi o símbolo máis empregado con esa función, como en demandante/a. Porén, mantén a marca de separación entre os dous xéneros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wasserman, Benjamin D.; Weseley, Allyson J. (novembro de 2009). "¿Qué? Quoi? Do Languages with Grammatical Gender Promote Sexist Attitudes?". Sex Roles (en inglés) 61 (9-10): 634–643. ISSN 0360-0025. doi:10.1007/s11199-009-9696-3. 
  2. The Swaddle, ed. (2019-07-12). "From 'Cunt' to 'Careerwoman': the Many Ways in Which Language Propagates Sexism". The Swaddle (en inglés). Consultado o 2019-12-14. 
  3. Pappas 2012-02-21T20:17:44Z, Stephanie. "Gendered Grammar Linked to Global Sexism". livescience.com (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2019. 
  4. Lindqvist, Anna; Renström, Emma Aurora; Gustafsson Sendén, Marie (2018-10-16). "Reducing a Male Bias in Language? Establishing the Efficiency of Three Different Gender-Fair Language Strategies". Sex Roles 81 (1-2): 109–117. ISSN 0360-0025. doi:10.1007/s11199-018-0974-9. 
  5. editor, Ian Sample Science (2019-08-05). "He, she, or...? Gender-neutral pronouns reduce biases – study". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. 
  6. Tavits, Margit; Pérez, Efrén O. (2019-08-05). "Language influences mass opinion toward gender and LGBT equality". Proceedings of the National Academy of Sciences 116 (34): 16781–16786. ISSN 0027-8424. doi:10.1073/pnas.1908156116. 
  7. Jacobs, Tom. "Using Gender-Neutral Pronouns May Reduce Sexism". Pacific Standard (en inglés). Consultado o 2019-12-14.