Linguaxe neutra de xénero
| Linguaxe neutra de xénero | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
A neutralidade de xéneros, dende o punto de vista lingüístico e gramatical, é unha vertente recente das demandas por maior igualdade entre homes, mulleres e persoas non binarias. Algunhas publicacións amosan que os falantes de linguas con xénero gramatical (p.ex. galego, portugués, castelán, francés e outras) tenden a ter pensamentos máis sexistas.[1][2][3] O uso de pronomes persoais neutros, como elu en galego e portugués, hen en sueco, elle en castelán, they singular en inglés e ri en esperanto, son empregados como maneiras de neutralizar o xénero.[4][5][6][7]
Masculino e feminino
[editar | editar a fonte]En galego, o xénero feminino é xeralmente marcado pola letra -a: ciruxián, ciruxiá; avogada, avogado; o doutor, a doutora.
Porén, en galego, así como outras linguas románicas, o plural dos substantivos, cando abrangue tanto individuos do xénero feminino como do xénero masculino, faise en base ó masculino: "vinte profesoras" e "dez profesores", xuntos, son "trinta profesores"; unha sala de clase con trinta e nove alumnas e un único alumno terá no total "corenta alumnos". Esa formación do plural, porén, pode ser considerada sexista, polo que xurdiron propostas para un xénero plural neutro en galego.
Propostas para neutralidade na ortografía
[editar | editar a fonte]As primeiras propostas foron o desdobramento de xénero (todos e todas) ou o uso de fórmulas xenéricas (todas as persoas, o estudantado). Ao lado destas apareceron outras propostas para a neutralidade na ortografia como o uso do @ (tod@s), o x (todxs) ou o Ⓐ (todⒶs).
Non obstante, nos últimos anos ten gañado relevancia o uso do morfema de xénero -e. Esta forma ten a vantaxe de que se pode ler de maneira unívoca, e pode funcionar no singular para non especificar o xénero da persoa (unhe cociñeire) ou no plural para falar dun grupo que inclúe persoas de diferentes xéneros (todes es cociñeires). Esta proposta pode ser encontrada en diversas obras, como a Guía de Linguaxe Non Binaria da Através Editora.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wasserman, Benjamin D.; Weseley, Allyson J. (novembro de 2009). "¿Qué? Quoi? Do Languages with Grammatical Gender Promote Sexist Attitudes?". Sex Roles (en inglés) 61 (9-10): 634–643. ISSN 0360-0025. doi:10.1007/s11199-009-9696-3.
- ↑ The Swaddle, ed. (2019-07-12). "From 'Cunt' to 'Careerwoman': the Many Ways in Which Language Propagates Sexism". The Swaddle (en inglés). Consultado o 2019-12-14.
- ↑ Pappas 2012-02-21T20:17:44Z, Stephanie. "Gendered Grammar Linked to Global Sexism". livescience.com (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2019.
- ↑ Lindqvist, Anna; Renström, Emma Aurora; Gustafsson Sendén, Marie (2018-10-16). "Reducing a Male Bias in Language? Establishing the Efficiency of Three Different Gender-Fair Language Strategies". Sex Roles 81 (1-2): 109–117. ISSN 0360-0025. doi:10.1007/s11199-018-0974-9.
- ↑ editor, Ian Sample Science (2019-08-05). "He, she, or...? Gender-neutral pronouns reduce biases – study". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077.
- ↑ Tavits, Margit; Pérez, Efrén O. (2019-08-05). "Language influences mass opinion toward gender and LGBT equality". Proceedings of the National Academy of Sciences 116 (34): 16781–16786. ISSN 0027-8424. doi:10.1073/pnas.1908156116.
- ↑ Jacobs, Tom. "Using Gender-Neutral Pronouns May Reduce Sexism". Pacific Standard (en inglés). Consultado o 2019-12-14.
- ↑ "Guia de Linguagem Não Binária". Através Editora (en portugués). Consultado o 2026-03-12.