Nespereira, Pazos de Borbén
Coordenadas: 42°14′56″N 8°35′54″O / 42.2490111, -8.5982357
Nespereira | |
---|---|
Concello | Pazos de Borbén[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 773 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Nespereira é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 773 habitantes (382 homes e 391 mulleres), distribuídos en oito entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 729 habitantes.
Localízase ó suroeste do concello, entre Redondela e Mos.
Celebra varias festas, a da Virxe do Carme (o 15 de xullo), a de Santa Tareixa (outubro) e dúas festas gastronómicas: A festa do ovo en maio e a da carne ó caldeiro en outubro.
Por esta parroquia pasa o río Louro, con lugares habilitados para a pesca que conta cun pequeno encoro no que se baña a xente en verán.
Entre o patrimonio está a igrexa parroquial de San Martiño e a Capela do Carme[2]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Nespereira[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Nespereira no concello de Pazos de Borbén (Pontevedra) | |
---|---|
Alvite | O Areeiro | Barcenal | O Galleiro | O Outeiro | Torrente | O Valado | Zoce |