Johan Ferrández d'Heredia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1310 (Gregoriano) Munébrega (Reino de Aragón) |
| Morte | 1396 (Gregoriano) Aviñón, Francia |
| Lugar de sepultura | Colegiata de Santa María la Mayor (en) |
| Grand Master of Sovereign Military Hospitaller Order of St John of Jerusalem (en) | |
| 1379 – 1396 ← Robert de Juilly – Riccardo Caracciolo → | |
| Gran Prior de Catalunya (en) | |
| 1372 – 1379 | |
| Chatelaine of Amposta (en) | |
| 1346 – 1379 ← Sanç d'Aragó (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Caspe Palace of Zuda (en) |
| Ocupación | monxe guerreiro, freire (pt) |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral almirante |
| Conflito | Guerra dos Cen Anos |
| Orde relixiosa | Orde de San Xoán de Xerusalén |
| Outro | |
| Título | Príncipe do Sacro Império Romano-Germânico (pt) |
| Irmáns | Blasco Fernández de Heredia |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Johan Ferrández d'Heredia, nado en Munébrega cara a 1310 e finado en Avignon en 1396, foi un escritor, mecenas, político e diplomático ao servizo de Pedro IV de Aragón e gran mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro da nobreza, seu pai fora lugartenente do mordomo da infanta Leonor. Casou dúas veces e tras a morte da súa segunda esposa entrou na orde do Hospital, en 1345 accedeu a castelanía de Amposta, a máis alta dignidade da orde na Coroa de Aragón. En 1356 aséntase en Aviñón, chegando a ser gobernador da cidade gañándose o favor dos diferentes papas. En 1376 acompañou ao papa Gregorio XI a Roma preludiando a fin da etapa papal de Aviñón. O 24 de setembro de 1377 foi investido Gran Mestre da Orde de San Xoán de Xerusalén. En 1377 preparou unha expedición militar contra Morea pero foi capturado no golfo de Arta e vendido aos turcos que o liberan tras o pago dun importante rescate.
Johan Ferrández d'Heredia foi un home culto, amigo de reis e papas, cunha grande inquietude cultural e como fixera Afonso X de Castela organizou unha escola de tradutores en Aviñón para traducir a unha lingua vulgar obras clásicas así como realizar un labor historiográfico, a lingua que se utilizou foi a propia de Johan, o aragonés, por veces nunha forma moi pura pero outras moi castelanizado, quizais polo traballo dos copistas non aragoneses.
Obras saídas do obradoiro de Heredia
[editar | editar a fonte]- Grant Crónica de Espanya, obra historiográfica, compilación de diversos materiais tanto medievais como clásicos, dividida en tres partes, non se conserva a segunda, emprega aínda materiais míticos como era o costume na Idade Media pero desbota as lendas e cantares de xesta.
- Crónica de los Conquiridores, abrangue a historia universal a través dos grandes conquistadores, de Hércules a Xaime I de Aragón
- Libro de los fechos et conquistas de Morea, abrangue de 1197 ata 1377, baseada principalmente nunha crónica anónima da conquista francesa de Morea.
- Libro de los Emperadores, conxunto de referencias sobre os emperadores gregos.
- Flor de las Ystorias d'Orient, consta de dúas partes na primeira trata da historia e costumes de Oriente e na segunda da Terra Santa
- Libro de Marco Polo, tradución do libro de viaxes de Marco Polo
- Rams de Flores, conxunto de sentenzas morais para príncipes e gobernantes
- Secreto de los Secretos, consello para o goberno de reis, versión de Secreta Secretorum, obra pseudoaristotélica
- Vidas paralelas, versión da obra de Plutarco.
- Eutropio
- Historia de Orosio, tradución da Historiarum adversos paganos de Orosio, non se conserva
- Cartulario Magno, recolle en 6 volumes material sobre a orde de San Xoán de Xerusalén.
- Historia da guerra do Peloponeso, tradución da obra de Tucídides