Nella Larsen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Nellie Walker 13 de abril de 1891 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 30 de marzo de 1964 (72 anos) Brooklyn, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | cemiterio Cypress Hills |
Residencia | Tompkinsville |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Universidade de Fisk (1907–) Universidade de Copenhague Universidade Columbia Lincoln School for Nurses (en) |
Actividade | |
Ocupación | enfermeira, bibliotecaria, escritora, novelista |
Empregador | Metropolitan Hospital Center (en) (1961–1964) Gouverneur Hospital (en) (1944–1961) Biblioteca Pública de Nova York (1921–1926) John A. Andrew Memorial Hospital (en) New York City Department of Health and Mental Hygiene (en) |
Movemento | Renacemento de Harlem |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Elmer Imes |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Encyclopedia of African American Women Writers (en) African American Authors, 1745-1945 (1st edition) (en) , (p.316-323) |
Nella Larsen, nada como Nellie Walker en Chicago (Illinois) o 13 de abril de 1891 e finada en Nova York o 30 de marzo de 1964, foi unha novelista norteamericana do Renacemento de Harlem.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como enfermeira e bibliotecaria e publicou dúas novelas, Quicksand (1928) e Pasar[1] (Passing no orixinal inglés) (1929), amais duns poucos relatos curtos. Malia o austero da súa produción, recibiu o recoñecemento dos seu contemporáneos. Así mesmo, a finais do século XX houbo un renovado interese pola súa obra literaria, nun momento no que os conflitos raciais e de identidade sexual tiñan especial transcendencia. Tamén foi a súa obra albo de estudos académicos e a autora está considerada "non só como a primeira novelista do Harlem Renaissance, senón tamén como unha figura de relevo dentro do modernismo americano"[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Traducida do inglés ao galego por Carlos Valdés e publicada en 2018 por Irmás Cartoné.
- ↑ Bone, Martyn (2011), "Nella Larsen" in The Encyclopedia of Twentieth-Century Fiction, Wiley-Blackwell, pp. 658-659 (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Passing no Internet Archive (edición orixinal escaneada) (en inglés)
- "Nella Larsen", ligazóns e bibliografía na páxina web da Washington State University (en inglés).