Neil Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Neil Costa
Minister for Business and Employment, the Honourable Neil F Costa MP.jpg
Datos persoais
Nacementoséculo XIX
 Xibraltar
OrganizaciónPartido Liberal de Xibraltar
Alma máterBayside Comprehensive School e Universidade do País de Gales
ProfesiónAvogado
editar datos en Wikidata ]

Neil Francis Costa é un barrister e deputado de Xibraltar, membro do Partido Liberal de Xibraltar (GLP). En decembro de 2011, foi elixido para o Parlamento de Xibraltar e nomeado ministro de Turismo, transporte público, relacións comerciais e do Porto.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nacido en Xibraltar, procedente dunha familia de clase obreira, Costa foi creado nun apartamento gobernamental en Laguna Estate, que seus pais compartían cos seus avós e estudou na St. Anne's Middle School. O seu pai era albanel e súa nai unha caixeira do supermercado Safeway. Destacouse ao conseguir tres Advanced Levels na Bayside Comprehensive School. A continuación, el foi estudar dereito e castelán na Universidade de Gales, Cardiff, onde se graduou con distinción. El completou os seus estudos de dereito no Inns of Court School of Law en Londres e foi admitido na Orde dos Avogados en Londres en novembro de 2002, e en Xibraltar en xaneiro de 2003.[1]

Costa estivo involucrado na política en Xibraltar desde os seus días de estudante, e xuntouse ao Partido Liberal de Xibraltar en 1999. En 2007 foi elixido para o Parlamento e converteuse en ministro na sombra de Servizos de Saúde e Social. En 2011, xunto co Dr. Joseph Garcia e Steven Linares, formou o grupo de candidatos do GLP en colaboración co Partido Socialista Laborista de Xibraltar (GSLP) para participar nas eleccións xerais de 2011.[2]

Re-elixido para o Parlamento, esta vez para o goberno, Costa foi nomeado polo ministro xefe Fabian Picardo, como o ministro de Turismo, transporte público, relacións comerciais e do Porto.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VOX, ed. (16-03-2007). "Neil Costa: A Liberal with a Bright Future in Law - Or Politics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04-09-2012. Consultado o 06-10-2012. 
  2. Gibraltar Chronicle, ed. (2011-11-11). "Garcia, Costa and Linares Make Up Liberal Part Of Alliance" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02-01-2014. Consultado o 06-10-2012. 
  3. "New Government Announces Ministers’ Portfolios Today" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10-06-2015. Consultado o 06-10-2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]