Joseph Garcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joseph Garcia
Joseph Garcia portrait.jpg
Datos persoais
Nacemento1967
 Xibraltar
OrganizaciónPartido Liberal de Xibraltar
Alma máterUniversidade de Hull
ProfesiónHistoriador
editar datos en Wikidata ]

Dr. Joseph Garcia, MP, PhD (nacido en 1967), é un historiador e político xibraltareño, e o actual líder do Partido Liberal de Xibraltar (GLP) e Vice-ministro xefe do Goberno de Xibraltar. O GLP controla tres dos 17 asentos no Parlamento de Xibraltar tras as eleccións xerais de 2011 e está no goberno cos seus aliados políticos, o Partido Socialista Laborista de Xibraltar (GSLP).

Educación[editar | editar a fonte]

Dr. Garcia é graduado da Universidade de Hull cunha licenciatura con honras de primeira clase en Historia e obtivo un doutoramento sobre «O desenvolvemento político e constitucional de Xibraltar».[1]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Garcia foi líder do GLP dende 1992 e foi elixido por primeira vez na entón Casa de Asemblea de Xibraltar tras unha elección parcial.[2] El serviu como ministro na sombra de Turismo e asuntos comerciais de 1999 a 2000.[2] Foi reelixido nas eleccións de 2000 e exerceu como ministro na sombra para Servizos de Comercio, industria, turismo e servizos financeiros ata 2003.[2] En 2011, Garcia foi nomeado vicepresidente da Internacional Liberal.[2] Logo, o partido de Garcia formou unha coalición para disputar as eleccións de 2003 co GSLP, que gañou cinco asentos, e Garcia se reelixiu para servir como ministro na sombra de Comercio, industria, turismo e patrimonio ata 2007, cando foi de novo reelixido nas eleccións, servindo ao mesmo ministerio na sombra.[2]

Despois de 12 anos na oposición, Garcia pasou a formar parte do goberno tras as eleccións do 8 de decembro de 2011.[2] O novo Ministro xefe de Xibraltar, do GSLP, Fabian Picardo, nomeou Garcia como Vice-ministro xefe, responsable pola planificación e terras, reforma política, democrática e cívica, e aviación civil.[3]

Garcia apoia o Panorama, que é un xornal xibraltareño. O seu pai, Joe, traballou como editor do diario.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garcia, Joseph (1994). Medsun, ed. Gibraltar - The Making of a People (en inglés). Gibraltar. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gibraltar Liberal Party (ed.). "Elected Members" (en inglés). Consultado o 21 de decembre de 2012. 
  3. Gibraltar Chronicle, ed. (13-12-2011). "Picardo announces new Govt ministerial portfolios" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29-04-2012. Consultado o 21 de decembre de 2012. 
  4. Ángela Alameda Hernández. Universidade de Granada, ed. The discursive construction of Gibraltarian identity in the printed press: A critical discourse analysis on the Gibraltar issue (PhD Thesis) (PDF) (en inglés). pp. 135–136. 84-338-3818-0. Consultado o 21 de decembre de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]