Steven Linares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steven Linares
Datos persoais
Nacementoséculo XIX
 Xibraltar
OrganizaciónPartido Liberal de Xibraltar
Alma máterBayside Comprehensive School, Universidade de Leeds, University of Wolverhampton e Leeds Trinity University
ProfesiónAvogado
editar datos en Wikidata ]

Steven Linares é un mestre, sindicalista, barrister e deputado de Xibraltar, membro do Partido Liberal de Xibraltar (GLP).[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Linares foi un dos primeiros admitidos na Bayside Comprehensive School, xunto con Peter Montegriffo, Gilbert Licudi e Dominique Searle. Dende o principio, optou polo ensino, pero tivo que pasar por varios outros traballos (Barclays Bank, Retco etc.) antes de abrazar a profesión elixida. Finalmente, aos 23 anos, matriculouse na Universidade de Leeds (Trinity and All Saints College) e recibiu a súa Licenciatura en Educación (con honras) en 1987. En 1988 foi mestre na St Joseph's Middle School e despois durante 12 anos na Bishop Fitzgerald Middle School antes de ser elixido ao Parlamento nas eleccións xerais de 2000.[2]

Afiliado en 1989 á Asociación de Educadores de Xibraltar (Gibraltar Teachers' Association - GTA), Linares tamén foi membro do Partido Socialista Laborista de Xibraltar (GSLP), onde permaneceu ata 1992. Este ano, uniuse ao Partido Nacional de Xibraltar (posteriormente Partido Liberal de Xibraltar) e decidiu centrarse máis nas cuestións sindicais. Converteuse en vicepresidente da GTA en 1993 e presidente en 1995. Foi elixido membro do Gibraltar Trades Council en 1994 e foi presidente do Gibraltar Representative Organisation dende 1993 ata 1995, onde traballou con Jaime Netto e Joe Holliday.[1][2]

En 1996, coa derrota do Partido Nacional nas eleccións xerais e a súa transformación en Partido Liberal de Xibraltar, Linares foi un dos arquitectos da aproximación entre o GLP e o GSLP. En 2000, converteuse en ministro na sombra de Educación, Formación, Xuventude e Cultura.[2]

En 2009, foi admitido como barrister no Reino Unido, e en 2010, en Xibraltar. Linares estudou na Universidade de Wolverhampton, Universidade do Oeste de Inglaterra (Bristol) e Middle Temple Inns of Court. Como avogado, traballou para a oficina de advocacia Charles Gomez & Co..[1]

En 2011, coa vitoria do GSLP nas eleccións xerais, Linares foi nomeado Ministro de Deporte, Cultura, Patrimonio e Xuventude.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Charles Gomez & Co. (ed.). "Steven Linares" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15-03-2012. Consultado o 16-09-2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Vox, ed. (28-09-2007). "Steven Linares" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19-05-2012. Consultado o 16-09-2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]